A Xunta elabora unha estratexia para impulsar o sector do viño
A nova Estratexia de dinaminación económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas, presentada pola Consellería do Medio Rural, pretende consolidar os viños no mercado e potenciar a imaxe de marca e o turismo vinculado aos territorios onde se producen. Este documento quere ser a base para “mellorar o posicionamento duns viños de calidade, aumentar a súa competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar a capacidade de xeración de valor do territorio aproveitando os seus recursos de xeito sustentable”, explica o conselleiro de Medio Rural, José González. Desta nova estratexia conclúese que o sector vitícola en Galicia precisa medrar, polo que son necesarias máis plantacións e que as súas adegas alcancen un tamaño que garanta a súa rendibilidade. Inclúe 46 medidas e 299 accións estruturadas en 7 eixos:
Cooperación: Búscase incremetar a dimensión do sector e fomentar a colaboración entre as comarcas implicadas.
Mobilidade: Para asegurar a rendibilidade das explotacións, habilítase un programa de mobilidade da terra, recuperación de superficies abandonadas e reestruturación paracelaria.
Adegas: Impulsar proxectos de cooperación entre as pequeñas adegas e plan de formación continua para o persoal das adegas, ademais de estavlecer un Grao en viticultura e un curso posgrao interuniversitario de xestión de empresas.
Dixitalización: Establecer un plan de conectividade e o impulso da dixitalización, unha campaña de lanzamento da marca Viños de Galicia. Ademais, creación dunha oficina dixital e elaboración dun plan de exportación anual.
Normativas: Realización dun informe sobre a necesidade de introducir nas normativas das Denominacións de Orixe mecanismos de regulación de oferta plurianuais.
Enoturismo: Eliminar as restriccións á implantación de adegas e complexos enoturísticos en solos rústicos, incorporar novas categorías de aloxamento vinculados ao enoturismo e realizar campañas de concienciación.
Patrimonio: Redacción dun atlas de paisaxes vitivinícolas, un inventario de viñedos máis antigos e catalogar os espazos máis característicos.
Os mencionados eixos estratéxicos deste plan céntranse na produción de uva, debido a que hai denominacións nas que a demanda supera á oferta. Para paliar a situación, apóstase por aplicar a Lei de Recuperación da Terra Agraria, que ten como finalidade a recuperación das terras agrarias de Galicia para uso agrícola, gandeiro e orestar, sen limitarse a enunciar estes valores con carácter xenérico, senón que forman parte fundamental das medidas e das propostas contidas no seu articulado. Segundo González, incluiranse “programas específicos de movemento de terras, recuperación de superficies abandonadas e reestruturacións parcelarias que permitan dispoñer ás explotacións de tamaño suficiente para garantir a súa rendibilidade económica”.
No acto de presentación da Estratexia, José González destacou que o sector do viño en Galicia aglutina máis de 10.000 viticultores e case 500 adegas con un valor económico superior aos 230 millóns de euros anuais. Recalcou que o viño “é o elemento dinamizador do territorio das comarcas vitivinícolas”, polo que “ten que ser algo máis que un produto”. Ademais, o conselleiro explicou as diferentes medidas propostas, como que o ano próximo estea lista a actualización do rexistro vitivinícola, un gran problema nas Denominacións de Orixe.
José Manuel García Queijeiro, profesor do Departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo da Universidade de Vigo, conta cunha longa traxectoria no estudo dos solos dos viñedos galegos. Considera que, en liñas xerais, os solos das viñas galegas “non andan mal de saúde”, aínda que isto non quere dicir que non existan problemas. García insiste na importancia do cambio climático, que trae moitos desafíos para a viticultura: aumento das temperaturas que diminuirán a capacidade de almacenamento de auga do terreo; maior incidencia das enfermedades; diminución da capacidade para o control biolóxico; novoc danos sobre o cultivo (como danos ultravioletas); e alteracións no ciclo da vide e nas cualidades da uva.
O informe “Guía de boas prácticas en viñedos” elaborado en 2019 por WWF, recolle unha serie de boas prácticas, moitas das cales se levan a cabo na actualidade en varias fincas, especialmente en produción ecolóxica. Segundo o documento, protexer os recursos naturais (solo, auga, biodiversidade) é clave para asegurar o futuro da viticultura.
O caso das Rías Baixas
As terras da DO Rías Baixas atópanse nunha zona de elevada pluviometría anual e tamén cunha humidade ambiental moi elevada, especialmente se a comparamos con otras denominacións españolas. Cada vez son máis as adegas que se suman á viticultura ecolóxica en Galicia. Segundo o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia (CRAEGA), actualmente hai 18 adegas e 27 viticultores certificados, o que supón unha extensión de 82 hectáreas de viñedo certificado. Na DO Rías Baixas, a primeira adega en certificar un viño de Albariño ecolóxico foi Bodegas Corisca, en 2009.