Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A Xunta convoca axudas para a xestión de residuos domésticos das entidades locais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de convocar as axudas dirixidas ás entidades locais para a xestión de recursos domésticos cun orzamento de 263.613 euros. Estas subvencións están dirixidas tanto a entidades locais e supramunicipais como a agrupacións de entidades locais, e que teñen por obxecto promover medidas para avanzar na xestión de residuos domésticos, de acordo co Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022. Neste sentido, financiarán actuacións destinadas ao fomento da prevención e reutilización e á recollida de residuos especiais de competencia municipal en puntos de proximidade.


Segundo a Xunta, estas axudas promoven a implantación de proxectos por parte de entidades locais en relación ao esquema de prioridades do principio de xeraraquía en materia de residuos, como, por exemplo: favorecer a redución do depósito en vertedoiro; reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro; contribuír ao alongamento da vida útil de certos produtos e ao incremento da dispoñibilidade de materias primas secundarias; e favorecer a separación de residuos de características especiais.

Esta orde de axudas conta con dúas liñas subvencionables. A primeira está destinada á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de diversos obxectos e utensilios coa finalidade de alongar a súa vida útil e, ao mesmo tempo, previr a xeración de residuos domésticos e a súa eliminación. Nesta liña, que contará cun orzamento de 160.000 euros, o importe máximo non poderá superar os 20.000 euros. Esa cantidade poderá ampliarse no caso de solicitudes presentadas por máis dunha entidade local ata un máximo de 30.000 euros (5.000 euros máis por cada entidade participante).

A segunda liña ten por obxecto actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos. Conta cun orzamento de 101.258 euros e o importe máximo non poderá superar os 10.000 euros. No que respecta ás agrupacións, a contía poderase incrementar ata os 30.000 euros (10.000 euros máis por cada entidade participante).

A Xunta indica que o procedemento que rexerá a concesión das axudas será o de concorrencia competitiva. Ademais, o financiamento máximo outorgado para as actuacións subvencionadas non poderá exceder o 90% do custo total do proxecto. Estas subvencións financiaranse con cargo ao Programa de economía circular e ao Plan de impulso ao medio ambiente (PIMA Residuos), financiado con transferencias finalistas do Estado.


Comparte esta noticia