Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A Xunta convoca axudas para a creación de proxectos que melloren o Parque das Illas Atlánticas

A Xunta creou unha convocatoria de axudas para proxectos na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia para o ano 2023 por preto de 150.000 euros. A convocatoria foi publicada hoxe no DOG e o prazo para presentar as solicitudes empeza hoxe 10 de maio e acaba dentro dun mes. Estas axudas serán dun máximo de 8.000 euros para poder cubrir o 100% do investimento subvencionable e concederanse por concorrencia competitiva.

Segundo informou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, algúns dos beneficiarios destas axudas son os concellos de Vigo, Bueu, Vilagarcía de Arousa e Ribeira, así como persoas empadroadas ou titulares dunha concesión na área influencia do parque, institucións sen ánimo de lucro e entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento de recursos.

A conselleira explicou que as subvencións de daría por unha serie de accións que poidan contribuír a mellorar o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Son o caso das iniciativas de conservación ou restauración do patrimonio da zona, a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, actuacións dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais da zona. E tamén o da posta en marcha de actividades económicas relacionadas co parque ao ser un espazo protexido, e accións orientadas á divulgación e formación nos valores do espazo natural.

Esta convocatoria de axudas foi anunciada durante a presentación do libro infantil Illas á vista de Rena Ortega. A autora do libro foi beneficiaria dunha axuda cun financiamento dunha convocatoria anterior que tiña o obxectivo de promover os valores ambientais do parque nacional.

Comparte esta noticia