Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A xestión dos xurros: un dos grandes retos de Galicia

Galicia en particular, España en xeral, estáse a especializar en chegar tarde aos procesos normativos europeos de modernización e adaptación ás novas directrices ambientais. Ocorre coa eliminación de vertedoiros, co saneamento de augas… e vai a ocorrer coa xestión de xurros. Galicia e outras comunidades están a aplicar una medida excepcional, a MORATORIA, de xeito mal entendido. No canto de usarse para adaptarse a unha nova situación “de mercado” utilízase para demorar o inevitable, e as multas aparelladas ao incumprimento. Finalmente queda en máns da precipitación e a improvisación sair do apuro… e adoita facerse tarde e mal, e perdendo a vantaxe competitiva de ir por diante.

Aínda que a producción de leite e a de vacún de carne son, por esta orde, os principais activos do sector gandeiro en Galicia (537.000 vacas censadas), outras especies, como o ovino e o caprún, teñen cada vez maior relevancia nas explotación, así como as de porcino e ave, pero en menor medida. E precisamente no sector agrogandeiro é onde está pondo o foco Europa dende hai uns anos. A cuestión de fondo é que a Comisión Europea embarcouse nun ambicioso plan para reducir tanto as emisións de efecto invernadoiro (GEI) como as de gases que afectan á saúde humana, caso do amoniaco ou o óxido nítrico. Son dúas cuestións que impactarán de cheo na gandería. O borrador do plan estatal 2019-2022 para o control da contaminación atmosférica prevé unha serie de restriccións ambientais na gandería.

A nosa comunidade é, de entre as dez principais rexións lácteas europeas, a única en conxunto que non está clasificada como zona vulnerable a nitratos, polo que en principio estaría exenta de establecer plans especiais de fertilización ou imposicións dun número máximo de cabezas de gando por hectárea. Con todo, a comarca de A Limia foi incluída por vez primeira polo Ministerio de Transición Ecolóxica no listado de zonas vulnerables por contaminación de nitratos nas augas.

O mesmo ocorre coas emisión de amoniaco á atmósfera, que van en aumento a medida que se intensifica a producción, aínda que as cifras son menores que noutras comunidades. De feito, Cataluña, Castela e León e Aragón aglutinan máis do 65% o total producido polo sector agrogandeiro español debido, sobre todo, ás explotacións porcinas (cebadeiros), unha das actividades gandeiras consideradas máis contaminantes.

A Normativa Europea e as moratorias galegas

Malia que a normativa xa entrara en vigor en xaneiro de 2018, o certo é que Galicia acolleuse a dúas moratorias para a súa aplicación.

Coa normativa europea, queda prohibido esparcir o xurro polo aire, tal e como se viña facendo ata hai pouco na nosa comunidade durante o último medio século. Dende Europa obrigan neste ámbito a inxectalo no chan ou a soterralo directamente no caso de que se trate de esterco. Dita modificación deben cumprila todos os beneficiarios das axudas da PAC, polo que teñen que mudar os seus sistemas de traballo e a maquinaria (calculado en Galicia que o custe será de 70 millóns de euros).

Polo de agora o traballo que se fixo dende Galicia, tan só foi a de solicitar varias moratorias, e a última remata co fin do ano 2019. Os agricultores galegos puideron seguir aplicando o xurro que xeneran os animais mediante sistemas de prato ou abanico en vez de soterralo no terreo como indican dende a UE. Outro tanto sucedeu coa imposición da obrigatoriedade de enterrar os estercos sólidos logo da súa aplicación.

A gandería verase afectada nos próximos anos por unha serie de restriccións ambientais que se están perfilando. A cuestión de fondo é que a Comisión Europea embarcouse nun ambicioso plan para reducir tanto as emisións de efecto invernadoiro como as de gases que afectan á saúde humana, caso do amoniaco ou o óxido nítrico. O plan estatal 2019-2022 para o control da contaminación atmosférica (I Programa Nacional de Control da Contaminación Atmosférica, aprobado en setembro de este 2019, estabrece unha serie de restriccións ambientais na gandería.

I Programa Estatal de Control de Contaminación Atmosféricas

O plan de control de contaminación atmosférica, márcase o obxectivo de reducir as emisións de amoniaco na gandería nun 22% no 2025 e nun 45% no 2030. Para elo, prevense as seguintes limitacións para a gandería:

Establecemento de plans de abonado e fertilización

Os plans de abonado por explotación serán obrigatorios no agro a partir dunha determinada superficie, que se definirá en función do tipo de cultivo. Ese plan calculará as necesidades totais de nitróxeno e limitará a parte que se poderá aportar en forma de nitróxeno ureico, pois este ten maiores perdas de amoniaco á atmósfera.

No caderno de explotación, xa habilitado para rexistrar as aplicacións de fitosanitarios, está previsto que os produtores teñan que consignar tamén as aplicacións que fan de fertilizantes e xurros.

Limitación do uso de urea

O etiquetado dos fertilizantes obriga a declarar e garantir os contidos en nitróxeno nas súas distintas formas (ureica, amoniacal e nítrica). Restrinxiráse a aplicación de nitróxeno en forma de urea, tanto en solucións nitroxenadas coma en compostos NPK.

Prohibición de aplicar en abanico puríns, abonos orgánicos con humidade superior ó 40% e lodos

O escenario debuxado para o futuro é que no 2030 un 80% dos xurros se repartan cun sistema de tubos colgantes ata o solo, quedando no mínimo a distribución habitual hoxe en día, cun sistema de abanico. De xeito complementario, o plan aspira a que un 80% dos xurros sexan enterrados antes de 24 horas, a fin de reducir as emisións de gases á atmósfera.

Reducción da proteína na ración dos animais

Alimentación que limite a proteína bruta en función das necesidades dos animais. A menor proteína, menos inxesta de nitróxeno e menores emisións de amoniaco nas dexeccións gandeiras.

Manexo dos estercos nas ganderías

Nas instalacións de gando porcino e bovino, deberáse retirar o esterco das instalacións polo menos dúas veces á semana, o que reducirá as emisións de metano e amoniaco.

Cambios nas instalacións do gando e nas foxas de xurros

Medidas que contribúan a reducir as emisións tanto nas naves gandeiras e foxas de xurro existentes, como nas de nova creación. Estas últimas terán que cumprir con novos condicionantes, unha vez que se aproben as correspondentes normativas.

A normativa europea xa enumera unha serie de técnicas que contribúen a reducir as emisións, pero está por ver qué obrigas se fixan na regulación estatal. Cuestións como a cobertura das foxas de purín ou a reducción do vento na súa superficie por medio de barreiras naturais coma árbores son algunhas das posibilidades para limitar emisións.

Bruxelas non espera en materia de Medio Ambiental e a Galicia non lle queda outra que facer os deberes para cumprir as normas de boas prácticas ás que están obrigados os beneficiarios da PAC. A cuestión está en cómo xestionar os excrementos das 2,7 millóns de cabezas de gando repartidas en 36.000 explotación que hai na comunidade e non acabar vulnerando as esixencias chegadas de Europa.

A importancia da xestión adecuada do xurro como fertilizante

Son moitos os puntos de vista que existen sobre o uso e a xestión que dende o sector agrogandeiro deben facer do xurro, e ao que hai que engadir tamén as esixencias que deben cumprir segundo a normativa europea e estatal nesta materia. Por un lado, apuntan á obriga de dispor dunha fosa cuberta con capacidade suficiente para albergar o xurro boa parte do ano, e por outra banda a conveniencia de realizar aplicación o máis respectuosas co medio.

Dende o Centro de Investigación de Mabegondo (CIAM), aconsellan que esta aplicación do xurro sobre cultivos, se proceda a un soterramento con grada inmediatamente despois e, en pradeiras, que se leve a cabo nunhas condicións adecuadas de temperatura e humidade.

En Galicia as vacas poden producir algo máis de oito millóns de metros cúbicos de xurro ao ano, e dende o propio sector ven no seu uso un “recurso beneficioso e non un problema ambiental”. Explican que a fertilización con xurro afórralles ás explotacións 10 millóns de euros ao ano e evita amáis, engaden, o uso de químicos, “máis prexudiciais para o entorno”. “O xurro é un produto con alto valor ambiental” sosteñen investigadores do CIAM, “facendo que todo o que dá a terra volva a ela despois de ser aproveitado para xerar riqueza”. Con todo, a capacidade fertilizante do xurro varía en función da súa composición: cantidade de auga e sobre todo a ración que inxiren os animais, e apoiándose en diversos estudos destacan as altas procentaxes de nitróxéno, fósforo e potasio, “nutrintes esenciais para os cultivos de herba e millo”. «O ideal sería que as granxas tivesen suficiente capacidade para gardar o xurro entre os meses de outubro e marzo. Deste xeito poderían aplicalo nos momentos de maior demanda nos cultivos de praderías e millo», explican dende o CIAM, que recomendan que todas as fosas estén cubertas para evitar que a choiva aumente o volume de produto e merme a súa calidade.

Dende o punto de vista ambiental, explican que o uso do xurro que “ten unha rápida absorción”, evita a aplicación de abonos químico nitroxenados que poden contaminar os acuíferos.

Con todo existen sectores da sociedade como as organizacións ecoloxistas que ven con recelo o emprego do xurro polas emisión de GEI á atmósfera e que precisamente dende Europa se pretende reducir nos próximos anos.

Outros aproveitamentos do xurro

A comunidade gandeira de Galicia, ao igual que o resto de Europa, ten que dessenvolver e pór en marcha medidas para cumplir os parámetros medioambientais que marca a Unión Europea. As esixencias europeas veñen dadas por dúas vertentes para mellorar a calidade do aire e frear o cambio climático. Por unha banda, reducindo o nivel de amoniaco que chega á atmósfera dos residuos que xeneran as granxas porcinas e pola outra, baixando as emisións de metano que poidan emitir as explotacións de vacuno. Por iso dende o propio sector agrogandeiro como no sector da investigación se están a levar a cabo diversos proxectos de valorización dos residuos agrarios, para convertelos nunha solución respectuosa co medio ambiente.

Planta de compostaxe

Silleda, acolle un proxecto experimental de compostaxe para valorizar os xurros. Trátase dun plan promovido en conxunto pola Asociación de Desenvolvemento Odega xunto coa Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama) e a Universidade de Santiago de Compostela. A planta de compostaxe, situada nunha parcela do concello de Silleda, pretende “atopar unha saída sostible e produtiva aos residuos das explotación avícolas e porcinas”. Financiado nun 100% pola Unión Europea (programa Feader), nesta planta experimental de compostaxe, trátanse unhas cinco toneladas (ao ano) de residuos de granxas avícolas e porcinas, xunto a restos de poda, que permitan elaborar fertilizantes e “converter os residuos nun produto de calidade e con beneficio económico”.

No mes de outubro coñecéronse os primeiros resultados deste proxecto e destacan que os xurros teñen tantos metais pesados (como o zinc) que o compost que xeneran ten limitado o seu uso na agricultura, pero non en terreos degradados, como os montes queimados, «aí poden contribuir á rexeneración do solo”. Uns resultados que non foron moi ben recibidos por algunas organizacións como a Sociedade Galega de Historia Natural pois explican que segundo varios estudos de investigación, indican que o “lume incrementa a dispoñibilidade de manganeso, zinc e cobre nos solos queimados, así como nas cinzas e os sedimentos que se erosionan”, uns efectos que persisten logo dun ano. Por elo, a asociación advirte na importancia de non aplicar este compost de xurro en solo quiemados sen antes realizar unha análise do chan para garantir que non haxa risco de contaminación por metais pesados.

O sólido para cama dos animais e o líquido para limpeza

A SAT O Chope (Silleda), xunto coa colaboración dunha empresa de enxeñería, outra de investigación e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) puxeron en marcha un proxecto na procura dun maior aproveitamento dos xurros, separando a parte sólida da líquida. “A parte sólida usámola para facer a cama das vacas despois de pasala por un proceso de fermentación, aireación e secado. A parte líquida tratámola nunha balsa con varios niveis de area e que ten prantas macróficas e bacterias nitrificantes para poder reducir o nitróxeno». Por outro lado, o líquido resultante explican, que pode empregarse como fertilizante, para a limpeza das explotacións e ata podería desaugar pola rede de sumidoiro, pero advirten, isto último logo de que se fagan as análises correspondentes.

Plantas de biogás

A produción de biogás con residuos que proveñen de calquera actividade gandeira (porcino, vacún, ovino, caprún, avícola). Esta alternativa, que en Galicia polo de agora só conta con experiencias piloto, recolle o metano dos xurros e xeneran a partir del biogás. Din os estudos que co xurro de vaca pode alcanzar potenciais de produción de biogás de ata 30 m3 por tonelada de residuos, fronte aos 18 m3/tn do xurro porcino.

O biogás que se obtén, pode empregarse de forma directa en caldeiras ou en sistemas para xenerar calor e electricidade. Tamén se está a traballar na mellora de este biogás para a súa transformación en biometano de baixo custe que permita obter outras alternativas de uso (inxección na rede de gas natural ou como combustible de vehículos).

Iso si, para que sexa beneficiosa para unha explotación é preciso que ésta conte con un número mínimo de animais: Porcino Nais, número de cabezas de gando superior a 2.500 – 3.000, vacas de Ordeño, número de cabezas de ganado superior a 300 e no caso de porcino de Cebo se non hai un consumo enerxético, o proxecto non será productivo.

Propostas innovadoras e de baixo impacto económico

Galicia está a dar os seus primeiros pasos firmes en desenvolver proxectos innovadores e que permitan dar solucións sostibles e respectuosas co medio ambiente aos residuos que xeran as explotacións agorgandeiras.

Unha opción que ofrece garantías ambientais e quizáis, unha da máis sustentable económica e ambientalmente falando e apta para pequenas, medianas ou grandes producións, é a desenvolta por unha empresa ourensá que entre outras, ofrece solucións de tratamento e xestión das augas de lavado e desinfección e outros usos en actividades en agrícolas e gandeiras.

O obxectivo desta empresa é o tratamento das augas unha vez que foron utilizadas, para poder botalas de novo ao medio sen causar danos ou para reutilizalas noutros procesos, a través da construción de depuradoras mediante lagoas e humedais artificiais.

Amais de ser unha proposta respectuosa co medio ambiente, a idea é a de servir de depuración de balsas de xurros para obtención de auga de rego ou para ser verquida a cursos fluvais de calidade. Unha forma axeitada de cumplir coas esixencias comunitarias tanto de xestión de xurros como de depuración de aguas.

Comparte esta noticia