Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


“A relación dos humanos cos cetáceos existe dende que os humanos entramos no mar”

Inuaguramos sección en Galicia Ambiental coa canle iVoox El Pluralizable Ambiental, un punto de encontro e un espazo para o diálogo no que o medio ambiente, o entorno natural e as especies tanto animais como vexetais serán os protagonistas.

Para comezar con esta nova sección Galicia Ambiental contou coa presencia de Alfredo López da ONG CEMMA, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, que nesta charla co noso presidente Benito García Carril, comentaron as últimas interaccións de candorcas con embarcacións no litoral galego e a gran riqueza mariña da que se caracteriza Galicia que rexistra 24 especies diferentes de cetáceos. Malia que poida parecer que en Galicia hai cada vez máis presencia destes animais mariños o certo é que non é “novo a súa presencia” e a “relación dos humanos cos cetáceos foi, e é estreita dende que os humanos entramos no mar”.

Amais tivemos a oportunidade de saber cómo debemos actuar nun avistamento dun mamífero mariño ou varado. Segundo Alfredo López o importante sempre “é dar aviso canto antes ao 112, e a partir de aí póñense os mecanismos necesarios en marcha”, por dous motivos: prestar axuda a un cetáceo ou tartaruga mariña para voltar ao mar ou socorrelos en caso de estaren feridos ou enfermos, e por outra banda para ter localizados aos mamíferos mariños e facerlles seguimento. O experto do CEMMA, recordou que “existe unha lexislación específica de protección de cetáceos, que todos os que temos relación co mar debemos coñecer pois xa se sabe que o descoñecemento da lei non te exime do seu cumprimento” para referirse ao comportamento das persoas cando se atopan con animais mariños sexan novos avistamentos ou non, como os arroaces, e como aconteceu no caso da Praia das Gaviotas, Porto do Son, e que dende Galicia Ambiental demos conta no seu momento. “Esa lexilación xa nos limita á hora de achegarnos a un cetáceo e prohíbe alimentalo, tocalo, acercarse a menos de 60 metros deliberadamente…” sempre para protexer ao animal.

Podes escoitar a entrevista completa na seguinte ligazón e descubrir moitas más curiosidades sobre estes mamíferos mariños, así como a labor do CEMMA:

https://www.ivoox.com/entrevis...

Comparte esta noticia