Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A mala xestión das colonias de gatos supón un problema para a biodiversidade urbana

As colonias de gatos forman parte da fauna urbana das cidades e están integrados no medio no que vivimos. Porén, a súa mala xestión pode xerar diversos problemas: deterioro das condicións da contorna no que os gatos son alimentados; presenza de plagas asociadas; risco para a saúde e a seguridade; problemas veciñais; e alteración da biodiversidade urbana. O que se está a facer na maioría de concellos é intentar evitar a súa recollida sempre que sea posible e xestionar ditas colonias mediante a esterilización. Para conseguilo, póñense en marcha os programas denominados CES, que inclúen a captura, esterilización e devolución á rúa destes gatos.

Así, o Proxecto CES (capturar, esterilizar e soltar) ten como obxectivo principal xestionar e evitar a reprodución das colonias de gatos nas localidades para minimizar as molestias que ocasionan á cidadanía. O proxecto baséase en atrapar a todos ou a maioría dos gatos dunha colonia (especialmente ás femias), esterilizalos e devolvelos ao seu territorio marcados cun corte na orella para identificalos como estériles. Tamén existe a posibilidade de construír emprazamentos fóra dos núcleos urbanos (en lugares apartados, lonxe das vivendas) onde os animais poden alimentarse e resgardarse. Porén, para que este tipo de programas sexan efectivos e se poida conseguir un control real, tamén é preciso controlar o abandono de animais, algo complicado tendo en conta o gran número que hai en España.

A comunidade científica alerta de que a presenza numerosa de gatos na rúa está alterando e diminuíndo a poboación da fauna silvestre, principalmente das aves. Neste sentido, darlle de comer aos gatos favorece a súa expansión, pero estas dinámicas teñen efectos tamén sobre outras especies que se deben analizar e xestionar para garantir a coexistencia e beneficios que aportan á cidadanía. As colonias de gatos aumentan o medo nas aves, o que cambia o seu comportamento (de xeito que lles resulta máis complicado encontrar comida ou reproducirse) e diminuiría a súa abundancia, sen contar cos efectos directos da depredación.

Segundo VETPA (Veterinarios para a Protección Animal), o crecemento descontrolado das colonias de gatos urbanos está causado por diferentes factores, como a elevada capacidade de reprodución da especie felina comparada a outras especies domésticas; a sobrealimentación proporcionada pola cidadanía, que caritativamente alimentan a estes animais; a captura e a eliminación dos gatos na colonia, que será poboada por novos individuos; e a supresión do alimento, que por si soa non é suficiente para reducir a colonia, pois existen moitas fontes de alimento para estes animais.

Comparte esta noticia