Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A invasión da herba da Pampa medra sen freo na autoestrada AG-55

Tal e como advertira a Asociación Galicia Ambiental o pasado ano, o treito da autoestrada AG-55 entre A Coruña e Carballo atópase nun momento crítico pola expansión da especie invasora herba da Pampa (Cortaderia Selloana). A dispersión masiva da súa semente leva provocando un crecemento exponencial nos últimos anos, favorecido en gran medida pola ausencia de medidas preventivas por parte das administracións.

Se no pasado ano a presenza desta planta se limitaba a varios núcleos localizados na estrada costeira entre Carballo e Fisterra (que poderían terse controlado con actuacións a tempo), nos últimos meses a súa propagación estendeuse xa por toda a autoestrada, xerando graves problemas tanto ambientais como de saúde pública.

A herba da Pampa (Cortaderia selloana) é unha das especies exóticas invasoras que máis avanzou en Galicia, grazas á súa alta capacidade de dispersión e á falta de estratexias de control eficaces. A súa proliferación intensificouse en paralelo á construción de grandes infraestruturas como polígonos industriais, novas autovías ou a rede ferroviaria de alta velocidade. Neste contexto, a falta de cumprimento das obrigas preventivas por parte da concesionaria da AG-55 (derivadas da inclusión da especie no Catálogo Español de Especies Invasoras) converteuse nun dos principais factores de expansión, especialmente a través das vías de comunicación.

Esta realidade está a agravar a situación na Costa da Morte, onde a invasión da Cortaderia causa serios impactos ambientais e riscos para a saúde da poboación.

Co obxectivo de concienciar ás novas xeracións, a Asociación Galicia Ambiental visitou o pasado venres pola mañá o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, en Coristanco (A Coruña). Alí, unha quincena alumnos do ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural participaron nunha charla informativa e sensibilizadora sobre a problemática das especies invasoras, con especial atención á herba da Pampa, no marco do proxecto europeo LIFE Coop Cortaderia que a entidade desenvolve en Galicia.

Comparte esta noticia