Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A Comisión Europea selecciona o Proxecto GIFT, cun equipo que estará liderado por Galicia,  para o establecemento de medidas no eido da infraestrutura verde e da paisaxe

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, anunciou que a Comisión Europea aprobou o proxecto “Green Infrastructure for Forest and Trees (GIFT)” do programa Interreg Europe-FEDER que ten como obxectivo o establecemento de medidas no campo da infraestrutura verde e da paisaxe. Este plan vai levar a cabo por diferentes entidades e institucións europeas de toda Europa, sendo Galicia a rexión elixida para representar a España e coordinar e “liderar” o mesmo.

Para o desenvolvemento deste proxecto, Galicia contará cun orzamento de 1,97 millóns de euros, dos cales o 80% son fondos Feder e o 20% restante aportados pola Xunta. O proxecto GIFT centrarase na infraestrutura verde prestando atención especial atención aos bosques, as paisaxes e as árbores, procurando recuperar servizos ecosistémicos relacionados entre outras cousas coa biodiversidade, o clima, a auga, a erosión e o benestar animal.

Para a realización do proxecto, a conselleira explicou que o persoal do Instituto de Estudos do Territorio centrarase principalmente en deseñar unha metodoloxía común para incorporar a infraestrutura verde na ordenación do territorio como mellora estratéxica noutros instrumentos de política sectorial. E tamén se establecerán a maiores medidas para revitalizar bosques e árbores como ferramenta para a mitigación e adaptación ao cambio climático e a conservación da biodiversidade.

Durante a presentación, a conselleira, Ángeles Vázquez, destacou que “este programa de cooperación Interrexional fomenta a política de cohesión, facilitando o intercambio de experiencias, a transferencia de boas prácticas e a aprendizaxe entre socios”. No Proxecto GIFT, xunto con Galicia, participarán 9 entidades máis da Unión Europea. Estas son o Goberno Rexional de Västra Götaland en Suecia, a Axencia Territorial de Flandes en Bélxica, os Gobernos Provinciais de Fryslân e Rimini nos Países Baixos e Italia respectivamente, a Axencia Rexional de Leipzig en Alemaña, o Instituto Forestal Esloveno, o Centro de Apoio Empresarial de Kranj en Eslovenia, a Universidade de Letonia e a cidade de Zagreb en Croacia.

Este proxecto desenvolverase durante 4 anos en colaboración entre Galicia e estas nove entidades europeas. O carácter innovador deste proxecto reside no enfoque integrado coas políticas sectoriais, e a análise sobre como se pretende abordar a infraestrutura verde fronte ao cambio climático, da súa conectividade e das medidas de recuperación da biodiversidade.

Comparte esta noticia