Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A “carreira eólica” en Galicia continúa cun macroproxecto na Comarca do Deza

Un macroproxecto na Comarca do Deza, fraccionado en dous parques eólicos o de “Val do Folgoso” e o de “Monte dos Porcallos”. Este é o novo proxecto, sometido a exposición pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización administrativa previa (BOE» núm. 65, de 17 de marzo de 2021) que ven da man do Ministerio pola Transición Ecolóxica, que amais de promover estes dous parques, que cómpre destacar que non estaban previstos nas Áreas de Desenvolvemento Eólico de Galicia, o Ministerio tramita outros enormes parques nas serras orientais.

Atendendo ás cifras deste macroproxecto eólico, trataríase de dous parques de 56 MW cada un, empregando 20 aeroxeradores, dos máis grandes do mundo, con 125 metros de altitude e rotor de 162 metros e a súa construcción afectaría a cinco concellos: Lalín, Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces e Silleda.

Unha “carreira eólica” en Galicia que continúa e que compromete o futuro sostible da nosa comunidade. Enerxías renovables sí, pero non a calquer prezo. Precisamente as administracións públicas, en todos os seus niveis, deberían garantir que o necesario desenvolvemento das enerxías renovables non supoña afeccións contrarias ao medio natural e á biodiversidade, moi en especial nos espazos cun alto valor ecolóxico. É importante que estas instalacións sexan sostibles dun xeito integral sen que comprometan o noso patrimonio natural e o rural, e sobre todo ter moi en conta os efectos que poidan ter nos espazos próximos a estas instalacións, moi en especial se se trata de zonas integradas na Rede Natura2000.

 

Os impactos ambientais do macroproxecto da Comarca do Deza
O proxecto conducido polo Goberno central contempla a construción dun total de 20 torres aeroxeradoras e que superarían os 125 metros de altura repartidos nos dous proxectos, Val do Folgoso e Monte dos Porcallos que abragan terras de Lalín, Rodeiro, Dozón, Vila de Cruces e Silleda, cunha potencia nominal conxunta de 112 megavatios.

Ben é certo que malia que a zona na que estarían situados os dous parques eólicos, non conta cunha categoría de protección de espazo protexido, é preciso destacar que nesa zona atópase unha das últimas colonias de cría de tartaraña cincenta (Circus pygargus) presentes na nosa comunidade. Unha ave catalogada coma especie vulnerable no catálogo galego de especies ameazadas, e para a que a administración debe adoitar medidas especiais de protección.

Ao igual que xa apuntara no seu día a Sociedade Galega de Ornitoloxía, paralelamente ao grave impacto ambiental que supoñen estes macroproxectos de parques eólicos, Galicia xa se atopa moi por riba da media española en xeración de enerxías alternativas.  Na nosa comunidade, xa alcanzamos os obxectivos de sustentabilidade expostos para o 2030, por elo, cada vez é máis importante establecer un equilibrio entre o avance de renovables e a conservación do entorno natural.

Amais da presenza desta colonia de tartaña cincenta, a isto hai que sumarlle o impacto que suporá a liña de alta tensión de 18 quilómetros e que atravesará terreos de todo tipo: agrícola, forestal, ríos … nos concellos de Lalín, Vila de Cruces ata rematar en Carboeiro (Silleda), preto do Mosteiro de Carboeiro e moi próxima ao sistema fluvial Ulla-Deza incluído dentro da Rede Natura 2000. É máis, neste último concello e en menos dun quilómetro de ancho pasarán ata catro liñas de alta tensión, que poden deixar o monte sen utilidade se temos en conta as dimensión e o espazo que ocupan estas liñas.

Un exceso de parques eólicos en Galicia pode conlevar graves impactos ambientais e paisaxísticos debido aos efectos aditivos que fan que a contorna perda as súas características de naturalidade. A isto debemos engadirlle amais, o deterioro e perda da biodiversidade. Feito que á súa vez mantén unha relación intrínsica, a da perda de diversidade biolóxica, co avance do cambio climático.

Comparte esta noticia