Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


A asociación Arco Iris súmase ás alegacións contra o parque eólico Alvite II

A asociación ecoloxista Arco Iris únese ás alegacións dunha plataforma de veciños contra o parque eólico Alvite II, que afecta aos municipios de Santa Comba, Negreira e Mazaricos e que suporá “un impacto ambiental irreversible” neses concellos. Deste xeito, pídese que a Xunta de Galicia denegue os permisos necesarios para levar a cabo este parque eólico, xa que ata 820 muíños “estragarán un territorio que non valerá para nada despois deste inconcebible atentado ambiental que se está perpetrando, coa complicidade da Consellería”. Segundo a asociación, no último ano naceron nos tres concellos afectados unicamente 121 nenos, polo que a cada un deles tócalle un total de 6,8 muíños.

O parque ecólico está promovido pola madrileña Green Capital Power en Negreira e arredores, afectando a fincas dos tres concellos xa citados. Segundo o publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), a potencia a instalar é de 27 MW e o número de aeroxeradores que se van a instalar é de seis por 4,5 MW de potencia nominal unitaria. A produción media neta estimada é de 75.401 MWh/ano e o orzamento de execución material é de 21.316.401,02 euros. No DOG tamén se indica o prazo de execución do proxecto, que é de nove meses.

Pola súa parte, o Concello de Santa Comba ven de presentar alegacións contra este parque eólico por estar situado a menos de 700 metros de vivendas e explotacións gandeiras. Estas alegacións aluden aos imcumprimentos da Lei do Solo de Galicia; á afectación económica e hidrográfica; ao incumprimento da normativa europea de conservación de hábitats naturais e de fauna e flora silvestre; e tamén incide no éxodo rural de poboación, pola perda de valor agrario e gandeiro da contorna do lugar de Barbeira en Santa Comba e dos lugares próximos de Negreira e Mazaricos.

Ademais, o Concello apunta que o proxecto de Alvite II incumpre as recentes disposicións establecidas pola Xunta de Galicia, nas que se indica que os novos aeroxeradores implementados no territorio galego deben estar situados a unha distancia mínima calculada a partir da altura do aeroxerador multiplicanda por cinco. Ademais, tamén fai referencia a que a ubicación do parque eólico sería nunha zona de implantación non recomendada pola súa “sensibilidade ambiental máxima”.

Comparte esta noticia