Utilizamos cookies para mellorar a experiencia do usuario e analizar o tráfico do sitio web.

Preferencias

Cando visita calquera sitio web, pode almacenar ou recuperar información a través do seu navegador, xeralmente en forma de cookies. Dado que respectamos o seu dereito á privacidade, pode optar por non permitir a recompilación de datos de certos tipos de servizos. Con todo, non permitir estes servizos pode afectar a súa experiencia.


2025, ANO CASTELAO

Hoxe 7 de xaneiro cómprense 75 anos da morte de Castelao no exilio bonaerense e o goberno galego declarou este 2025 como Ano Castelao como unha “mostra de gratitude do pobo galego”. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e os seus escritos, a súa vida e compromiso social e político serán conmemorados en varios actos ao longo do ano nos que se enxalzarán as súas achegas intelectuais nos ámbitos culturais e políticos, comezando por unha ofrenda floral en San Domingos de Bonaval, en Compostela, no día de hoxe e pola exposición "Os Homes, por Castelao, na colección Roberto Taboada” organizada polo Concello de Rianxo que se poderá visitar a partir do venres 17 de xaneiro.

Do mesmo xeito, anunciouse que se levará a cabo a dixitalización, en colaboración co Instituto Padre Sarmiento, de toda a documentación descuberta sobre o proceso de aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, na que Castelao foi un dos partícipes directos, e a editorial Galaxia, en colaboración coa Fundación Castelao, publicará as tres versións da súa peza "Os vello non deben de namorarse", estreada en Buenos Aires en 1941.

Galicia Ambiental súmase tamén á celebración e recoñecemento da súa vida, obra e achegas tanto políticas como sociais ou literarias, sen que se produza ningún tipo de apropiación intelectual nin política como "patrimonio", que é de todos os galegos.

Comparte esta noticia