Saltear al contenido principal
Comeza O Proceso De Participación Pública Para Elaborar O Convenio De Transición Xusta Para As Pontes

Comeza o proceso de participación pública para elaborar o Convenio de Transición Xusta para As Pontes

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), a través do Instituto para a Transición Xusta, anunciou o 4 de xullo o inicio do proceso de participación pública para a elaboración do Convenio de Transición Xusta para As Pontes (A Coruña). Trátase dun procedemento que intenta impulsar a xeración de alternativas económicas nas comarcas afectadas pola transición enerxética. Neste caso, as aportacións para o Convenio de Transición Xusta de As Pontes poderán remitirse ata o 4 de xullo de 2021 ao enderezo electrónico Convenios_Transicion_Justa@tragsa.es.

 

Coa remisión dun documento informativo, o Ministerio invitou aos axentes sociais e económicos a “aportar iniciativas e proxectos que axuden a crear un novo tecido económico sostible en termos ambientais, económicos e de emprego”. O lanzamento deste proceso de participación, segundo o Goberno, responde ás demandas plantexadas no transcurso da V Mesa de Transición de As Pontes que se celebrou o pasado 2 de xuño, onde se solicitou a posta en marcha do Convenio de Transición Xusta. A Mesa de Transición reúne a representantes do Goberno central, Xunta de Galicia, Concello de As Pontes, representantes dos traballadores, colectivo de transportistas e de Endesa, empresa titular da central térmica.

 

A secretaria do Estado de Enerxía, Sara Aagesen (que presidiu a reunión) sinalou que a participación pública é o elemento distintivo das políticas de Transición Xusta. Ademais, insistiu á Xunta de Galicia na necesidade de abordar canto antes a firma dos Protocolos de Actuación para a elaboración dos Convenios para As Pontes e Meraima. Estes documentos recollen o compromiso que adquiren as Administracións para realizar un traballo conxunto na elaboración dos Convenios de Transición Xusta, subscrito por todos os gobernos autonómicos con municipios en transición enerxética. Así, é un paso necesario para que os municipios que sexan incluídos na súa delimitación xeográfica teñan acceso ás axudas de Transición Xusta europeas, nacionais e do Compoñente 10 do Fondo de Recuperación, Transformación e Resiliencia que está dotado con 300 millóns de euros para os próximos 3 anos. Esta cantidade reforzará o Fondo de Transición Xusta, do que tamén se beneficiarán as zonas afectadas en Galicia.

Volver arriba