Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Xornada de voluntariado de extracción do plumeiro da Pampa en O Grove

Galicia Ambiental e o Concello de O Grove poñen en marcha unha nova convocatoria de voluntariado ambiental, en colaboración con organizacións locais da comarca do Salnés, para continuar avanzando no control da herba da Pampa (Cortaderia selloana) na península do Grove para o sábado 26 de setembro ás 9 horas. A iniciativa está aberta a voluntarias de toda a comarca.

A nova campaña combinará dúas liñas de traballo. Por unha banda, o voluntariado colaborará na retirada dos plumeiros das plantas unha vez rematado o período reprodutivo, co obxectivo de reducir a dispersión das sementes. Por outra, desenvolverase un traballo de xeolocalización e cartografado dos exemplares de Cortaderia selloana que permanecen na zona. Ambas as actuacións están directamente relacionadas. A información obtida durante as xornadas de cartografado permitirá elaborar un inventario actualizado da presenza da especie e planificar as posteriores intervencións de eliminación, que se desenvolverán a partir do 1 de xaneiro, cando as plantas xa estean fóra do período reprodutivo.

A inscrición é obrigatoria a través do correo electrónico voluntariado@galiciaambiental.org ata cubrir os grupos necesarios preestablecidos para esta actividade. Os inscritos recibirán un correo de confirmación unha semana antes do voluntariado. O punto de encontro será o aparcamento de autobuses da illa de A Toxa o sábado 26 de setembro ás 9 da mañá.

A elección da península do Grove non é casual. Trátase dunha zona especialmente sensible pola presenza desta especie exótica invasora, na que Galicia Ambiental e o concello de O Grove levan tempo desenvolvendo diferentes actuacións para evitar que a expansión da herba da Pampa continúe avanzando cara a outros puntos do territorio. O obxectivo é alcanzar eliminar a planta da península meca antes do fin do proxecto Coop Cortaderia.

O Salnés, implicado na protección do seu territorio

A convocatoria pretende, ademais, implicar directamente á cidadanía de toda a comarca do Salnés na conservación dun espazo natural especialmente sensible. Por este motivo, Galicia Ambiental, o Concello de O Grove e as organizacións locais colaboradoras fan un chamamento a persoas voluntarias de calquera concello da comarca, independentemente de que residan no Grove. O punto de traballo será a península do Grove, pero a iniciativa ten un sentido de sensibilización comarcal, xa que moitos dos concellos do arredor non están facendo por eliminar a herba da pampa, deixando os seus municipios deixando aos seus municipios sos ante esta especie e as alerxias que conlevan.

A participación cidadá permitirá sumar coñecemento e capacidade de actuación sobre o terreo, ao tempo que contribúe a sensibilizar sobre o impacto que pode ter a expansión da herba da Pampa sobre os ecosistemas e a biodiversidade.

Unha barreira natural que é necesario conservar

A península do Grove constitúe neste momento un dos principais ámbitos de traballo para evitar que a presenza da Cortaderia selloana se consolide e continúe avanzando. Por iso, Galicia Ambiental considera prioritario manter unha vixilancia e actuación continuadas, combinando a retirada dos elementos reprodutivos, o seguimento dos exemplares e a súa eliminación progresiva. O obxectivo é a súa eliminación progresiva a restauración dos espazos de actuación.

A asociación anima así ás persoas interesadas de toda a comarca do Salnés a sumarse ao voluntariado e colaborar nunha actuación que, aínda que terá lugar na península do Grove, pretende protexer un territorio que vai moito máis alá dos límites do propio municipio. Localizar, retirar, cartografar e eliminar. Un traballo continuado para conseguir que a herba da Pampa non pase da península meca.

Unha actuación que dá continuidade a anos de traballo no Grove

Esta nova campaña non parte de cero. Galicia Ambiental e o concello de O Grove levan varios anos traballando na península do Grove para controlar a presenza de especies exóticas invasoras e, especialmente, da herba da Pampa. Nas actuacións desenvolvidas nos últimos anos participaron voluntarios en tarefas de retirada de varias especies invasoras como a Cortaderia selloana ou a uña de gato (Carpobrotus edulis). En setembro de 2025, durante o campamento de voluntariado “A Terra que habita no mar”, retiráronse da península 1.451 quilos de especies invasoras, lixo e entullo, dos que 443 quilos correspondían a plumeiros de herba da Pampa.

A entidade tamén desenvolveu posteriormente actuacións específicas de maior alcance para avanzar no control da especie. En 2025, por exemplo, elimináronse máis de 1.500 exemplares de Cortaderia selloana en diferentes zonas do Grove, dentro dos traballos destinados a frear a súa expansión. Estas intervencións forman parte dun traballo continuado que busca evitar que os focos existentes na península se convertan nunha fonte de novas colonizacións.

Comparte esta noticia