Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Verdegaia advirte dos problemas relacionados coa subvención directa aos combustibles fósiles

Verdegaia, asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, ven de afirmar que o anuncio da subvención ao consumo dos combustibles fósiles pon de manifesto que conceptos como transición ecolóxica ou desenvolvemento sustentable “non son máis que lemas publicitarios dun goberno que nunca os tomou en serio”. Así, a subvención de 15 céntimos con cargo ás arcas públicas ao consumo de gasóleo e gasolina “é un incentivo ao uso dos medios de transporte máis contaminantes que son responsábeis polo 21,6% das emisións de CO2 e os principais emisores de óxidos de xofre e de PM2.5 causantes de serias doenzas respiratorias sobre todo nos núcleos urbanos”.  A organización ten como principal obxectivo defender o medio ambiente e avanzar na transformación social en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

 

Ademais, Verdegaia destaca unha lista de medidas que retiran competitividade aos medios de transporte colectivos máis sustentables: exacerbada construción de vías de alta capacidade; constantes axudas para renovar o parque autonómico; e permisividade que gozan os coches ou motos para incumprir as normas de tráfico, pois non se respectan novos límites de velocidade, ocupación de beirarrúas ou carrís bici.

 

A asociación destaca que en Galicia é necesario promover o transporte colectivo, xa que na actualidade non se trata dunha opción de mobilidade atractiva. Esto pode conseguirse ampliando os servizos, a rapidez e as frecuencias; coordinando os diferentes medios para mellorar a intermodalidade; abaratando os seus prezos e mellorando a integración tarifaria; desenvolvendo accións para mellorar a accesibilidade, o confort e a seguridade; e acrecentanto a información das distintas posibilidades de transporte colectivo. Segundo Verdegais, estas medidas son “unha peza fundamental para contribuírmos a limitar o quecemento global a 1,5ºC, pois Galicia debería reducir as súas emisións de GEI en, polo menos, un 65% xa en 2030, con respecto a 1990”.

 

Por último, a organización resalta que, segundo os científicos, os impactos continuarán aumentando se se atrasan os cortes nas emisións de gases de efecto invernadoiro. Porén, unha acción inmediata faría posible evitar impactos drásticos. Así, Verdegaia lembra que é necesario ter en conta os riscos climáticos para garantir con éxito o noso futuro e o das vindeiras xeracións: “Temos o coñecemento e as ferramentas. Agora tócanos elixir”.

Comparte esta noticia