Unha tese realizada na Universidade de Londres avalía a xestión dos residuos de mexillón en Galicia
A tese Socio-Technical-Economic Assessment of Mussel Residues’ Valorisation in Galicia (Avaliación socio-técnica-económica da valorización dos mexillóns en Galicia) realizada por Roi Collazo Núñez na Universidade de Londres (2021) valora o escenario galego en canto á xestión dos residuos de mexillón (RM). O autor destaca que a comunidade galega é a segunda produtora de mexillóns a nivel mundial, xerando abundante RM cada ano. Por este motivo, diversos marcos normativos abordaron a súa xestión de forma respectuosa co medio ambiente, mais a sociedade e o mercado sempre estiveron marcadas polo conflito. Así, estudo ten o obxectivo principal de avaliar a xestión de RM en Galicia e as súas barreiras e oportunidades para resolver o “problema dos mexillóns” no intento de integrar a xestión da acuicultura, o desenvolvemento agrícola e a eficiencia industrial nun marco circular.
O autor indica que os resultados do estudo amosan como a saturación do cultuvo, a diminución dos índices de afloramento e os baixos prezos obrigaron ao sector a reducir a calidade dos mexillóns, o que é pouco probable que se poida abordar con avances multitróficos. Ademais, a obsolescencia e atomización do sector podería ter complicado atopar unha solución conxunta para o seu RM, malia a concentración xeográfica e estacional. Porén, a inferencia do sector do mexillón coa agricultura ofrece prometedoras alternativas xa sometidas a estudo. Collazo tamén conclúe que os resultados suxiren que o enterramento de RM e a falta de vixilancia poden estar permitindo o seu uso sen tratamento na agricultura. Aínda que non hai probas dos riscos destas prácticas, o autor advirte que o control dos residuos é obrigatorio, e recoñecer o escenario real podería beneficiar a unha mellor xestión.
Outro aspecto que destaca o autor é a falta de xestores de RM, malia a obriga dos produtores de contratalos. Isto dificulta as actividades de transformación, agravando o problema do mellón e provocando custosas taxas. Ademais, afirma que a Xunta de Galicia e a sociedade descoidaron o tratamento destas cuestións. Polo tanto, aínda que a política europea esixe e subvenciona modelos de economía circular, a evidencia suxire que a implicación da sociedade civil e dos clientes é necesaria para fomentar a investigación de alternativas rentables, ademais de concienciar e orientar ás empresas cara a valorización.
Por último, Collazos resalta que a maioría dos proxectos de valorización ensaiados en Galicia foron avaliados como en etapas potenciais. Porén, a agricultura e a construción poderían propoñer solucións a longo prazo e absorber cantidades substanciais de RM se se pretende e se permite, evitando os impactos ambientais tradicionais. Tendo en conta todos os resultados, o autor indica que a investigación suxire que a cuestión do mexillón podería ser posible e socialmente desexada. Porén, a análise revelou unha rarefacción e cruce de discursos das partes interesadas, que se estruturaron socialmente para reflectir o fenómeno superficial. Polo tanto, este estudo sostén que se deben emprender accións máis audaces para apoiar alternativas innovadoras de valorización da RM.