Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Unha nova vida para as redes de pesca, pero tamén para as redeiras

O pasado 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente, e dende Galicia Ambiental quixemos facer ver á sociedade a través de cifras que estamos rodeados de plásticos. Produtos dun só uso (envases, botellas…) que invaden os nosos espazos naturais e dos que 8 millóns de toneladas de plásticos rematan nos océanos. Amais, só o 9% do plástico a nivel mundial recíclase. Na Unión Europea só se recuperan o 30% dos envases e en Galicia non chega ao 15%. Un contexto no que se fai necesario desplastificar os espazos e mudar hábitos para reducir a nosa achega de pláticos ao medio. De aí, que inciativas que promovan e estén vinculadas á Economía Circular son claves para asegurar un futuro sostible.

Desta mesma idea nace unha curiosa iniciativa: redes de pesca reconvertidas en bolsos. Unha aposta ecolóxica que busca dar unha nova vida e poñer en valor non só ás redes de pesca, senón que tamén a un oficio: as tradicionais redeiras. Así é Cholita Corme, que amais de ter en conta que o oficio do mar foi a menos, dá unha nova vida aos fíos, cordas e retais das redes de pesca.

O proxecto nace da man da deseñadora galega Gema Neira. Unha empresaria coruñesa que deseña bolsos de malla que logo son elaborados por un grupo de redeiras da Costa da Morte. A firma decidiu empregar o talento das redeiras de Corme para crear bolsas como as de antes, as que se empregaban para ir á compra pero que na actualidade están marcadas polo selo mariñeiro do Roncudo.

Pero o desta firma galega, non só se queda nas bolsas de rede. Fai unha aposta pola diversificación, pero tamén para demostrar que sempre hai unha nova saída para os residuos. Malia que parteu das bolsas multiusos, están a deseñar outros productos como os asentos tamén empregando rede de pesca. Demostran así que os refugallos poden convertérse en grandes recursos, sempre que lle poñamos enxeño e imaxinación.

Ademais de ser unha alternativa ecolóxica ao reciclar e reutilizar as redes de pesca, reducindo así os refugallos, é unha aposta laboral.

Este tan só é un exemplo, pero as redes de pesca, feitas de derivados do petróleo, convertéronse nun recurso para moitas empresas téxtiles que apostan pola economía circular, e que entre outras cousas, obteñen fibras de materiais reciclados para fabricar roupa deportiva, gafas ou crear roupa e calzado sostible.

Comparte esta noticia