Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Un manifesto conxunto reclama a xestión eficiente dos residuos, especialmente para os envases

A recente aprobación da nova Lei de Residuos e Solos Contaminados e do Real Decreto de Envases e Residuos de Envases pretende sentar as bases definitivas da economía circular. Segundo un manifesto conxunto das entidades municipais con modelos alternativos á recollida selectiva de residuos de envases lixeiros (presentado o pasado 17 de decembro), isto será a posible a través desta lexislación básica en materia de residuos e a contribución á loita contra o cambio climático. Baixo este marco, reclámase unha xestión eficiente dos residuos: atenderase á súa prevención e procurarase a simplificación de procedementos cara a unha menor dependencia de recursos e un menor impacto no medio. Esta cuestión é especialmente importante para os residuos de envases, cuxa prioridade debe ser a prevención e reutilización.

 

Tendo en conta as baixas cifras de recuperación e reciclaxe actuais, é importante fortalecer as medidas que axuden a acadar os obxectivos propostos a nivel comunitario. O manifesto indica que “non só atendendo a unha recollida separada de materiais, senón posibilitando a contribución doutras alternativas que demostraron a súa eficiencia dende hai anos”. Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), estaríanse a recuperar en planta 38 quilos por habitante e ano de envases nos sistemas integrados no documento, fronte aos 9 quilos no modelo convencional de recollida en contedor amarelo.

 

O manifesto reflicte a Lei “non determina unha única modalidade para levar a cabo a recollida separada das distintas fraccións dos residuos, indicándose que deberían adaptarse ás circunstancias de cada entidade local, tendo en conta os modelos de éxito comprobado”. Aínda así, restrínxese esa posibilidade, derivándose ao cumprimento de preceptos relacionados coa súa viabilidade. “Desta maneira, estaríase a limitar a potencial captura dos residuos de envases a un sistema único de recollida”. Considérase que esta formulación coarta as posibilidades de distintos sistemas de xestión que actualmente operan no territorio nacional, como son os focalizados na segregación orgánico-resto, denominados “húmido-seco” e “residuo mínimo”.

 

O conxunto de todos estes sistemas atópase implantado en territorios de Galicia, Navarra, Cataluña e Andalucía, integrado a un total dun millón de habitantes. En detalle, os integrantes son os concellos A Coruña (Galicia), Córdoba (Andalucía), Torrelles de Llobregat (Cataluña), Molins de Rei (Cataluña), Corbera de Llobregat (Cataluña) e Catellbisbal (Cataluña); as mancomunidades Serra  do Barbanza (Galicia) e Montejurra (Navarra); e o consorcio das Mariñas (Galicia). Dende hai anos, xestionan os seus residuos municipais baixo esta concepción, obtendo resultados moi satisfactorios cun reducido impacto ambiental e uns custos contidos. Aínda que nalgúns casos puntuais este esquema presenta lixeiras variacións, compártese unha meta común: a recuperación de biorresiduos dunha calidade óptima.

 

Ademais, o manifesto indica que se están recuperando envases nun contedor “que, sen ser exclusivo, é capaz de captar a práctica totalidade dos residuos desta tipoloxía xerados, resultando nunha garantía de recuperación en planta, fin último que se pretende”. Neste sentido, os resultados alcanzados son superiores ao modelo xeral de recollida selectiva en contedor amarelo.

 

A consecuencia de alterar este modelo cara á converxencia a outro estándar para todos os territorios restaría unhas capacidades que “ata o momento reveláronse como moi positivas”. Así, deixaríanse de observar unhas estratexias de xestión locais que respondían as necesidades dos territorios en cuestión. “O resultado é que ese esforzo está a contribuír a alcanzar os obxectivos pretendidos a nivel estatal, dos que depende, mesmo, o financiamento dos Fondos Europeos a medio prazo”. Por iso, o documento do manifesto “pretende elevar a voz cara ao papel que xoga un sistema que se presenta como viable no contexto actual e futuro, atendendo aos principios formulados e os condicionantes que se definen na normativa”.

 

En resumo, quérense trasladar as seguintes cuestións ao obxecto de que sexan consideradas para garantir a supervivencia deste modelo de xestión no desenvolvemento normativo (decretos e regulamentos) e nas  trasposiciones ás comunidades: o recoñecemento do modelo “húmido-seco”, “residuo mínimo” e as súas variantes; a valoración razoada das distintas alegacións presentadas polas entidades aquí representadas; a introdución das modificacións que proceda para dar cabida a este  planteamiendo de forma equivalente á recollida separada de materiais; o recoñecemento da necesidade de sufragar todos os custos implicados na  recofida dos residuos de envases a través do contedor destinado á fracción inorgánica; a asunción da necesidade do cumprimento dos requisitos contemplados na Directiva 2018/851/CE; e a habilitación da posibilidade de recuperar estes materiais a través dun  SDDR.

 

O Barbanza reivindica o seu papel

 

O Complexo Medioambiental do Barbanza (Lousame, A Coruña) leva xestionando dende o ano 2003 os residuos domésticos de 9 concellos e 86.000 habitantes. O sistema de recillida selectiva implantado é o húmido-seco, que o MITECO cataloga como tipo 2. Isto consiste na separación da fracción orgánica e inorgnica, ademais das fraccións vidro e papel-cartón. Con este modelo de separación e segundo os últimos datos publicados polo MITECO en 2018, o CM Barbanza obtén uns resultados de recuperación de envases para a súa posterior reciclaxe moi superiores ao modelo maioritario en Galicia (modelo SOGAMA), que conta co contedor amarelo para envases. Así, os ratios de recuperación do CM Barbanza no 2018 foron de 13kg/habitante ano, fronte a 51kg/habitante ano do modelo SOGAMA.

 

Os residuos de envases recuperados no CM Barbanza cumpren as Especificacións Técnicas de Materiais Recuperados (ETMRs) establecidas por Ecoembes e teñen como destino os xestores autorizados designados polo SCRAP, aceptando os diferentes subprodutos recuperados para a súa posterior reciclaxe. Ademais, os resultados de xestión do CM Barbanza amosan o cumprimento dos obxectivos cuantitativos de reciclaxe para o ano 2025, fixados tanto na Lei de residuos de Galicia (Lei 6/2011) como no Proxecto de RD de envases e residuos de envases (versión de setembro de 2021).

 

Cabe destacar que os envases recuperados no CM Barbanza, procedentes do contedor de fracción inorgánica, cumpren a primeira condición da directiva de residuos, pois satisfacen os requisitos de calidade establecidos por Ecoembes para o seu destino a reciclador. Ao cumprimento da calidade dos envases é preciso sumarlle o potencial de mellora na eficiencia da recuperación co modelo húmido-seco, posto de manifesto na comparativa deste modelo respecto ao modelo de contedor amarelo maioritaro na comunidade galega (cifras 4 veces superiores); e o cumprimento dos obxectivos marcados para o ano 2025.

 

Existen evidencias de que este modelo de recollida separada de materiais consegue mellores resultados na reciclaxe que a recollida selectiva de envases con contedores de cores. Tanto é así, que o modelo húmido-seco do CM Barbanza resulta ser 4 veces máis eficaz e eficiente que o modelo de contedor amarelo implantado de forma maioritaria en Galicia. Posiblemente, trátase da mellor forma de atender á recollida de residuos en poboacións de tamaño mediano. Segundo Rethinking (observatorio de residuos), o modelo húmido-seco preséntase como un modelo de recollida selectiva avalado pola normativa vixente e que é capaz de separar os fluxos de materiais en consonancia coas esixencias técnicas das plantas de recuperación, presentando o coste de explotación con máis vantaxe con respecto ao resto de modelos de recollida selectiva.

 

A Coruña, moi por riba da media da área Sogama

 

O concello de A Coruña é un dos firmante do manifesto que demanda o recoñecemento doutros modelos “como unha realidade válida e compatible co sistema convencional rexido pola recollida selectiva multimaterial de residuos de envases”. A cidade traballa co modelo húmido-seco o residuo mínimo e, aínda que a lei recolle modalidades como as que se aplica na cidade, potencia a recollida selectiva con contedor específico para envases lixeiros. Isto non é o que se realiza en A Coruña, que aposta pola recuperación na planta de tratamento de residuos. Así, o proxecto de lei condiciona o modelo coruñés á súa viabilidade.

 

Segundo fontes municipais, “o manifesto busca reivindicar o modelo de tratamento de residuos húmido-secto que temos en A Coruña. Aquí recuperamos on envases lixeiros, pero en planta, non en contedor. Iso supón un aforro en liñas de tratamento, ocupación de solo público, camións e contedores específicos, sen que vaia en detrimento do resultado. En lugar de separar en casas, faise na planta. As porcentaxes de recuperación son, de feito, superiores á media”: a planta de Nostián, segundo o Concello, recupera 35 quilos de envases lixeiros por habitante e ano, fronte aos 13 de Sogama.

Comparte esta noticia