Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


TRACTORES CONVERTIDOS EN REMOLQUES?

Proxectos Industriales Estratéxicos (PIE) e proxectos tractores (PTG) levan camiño de converterse en remolques, cando non en rémoras ou lastres... a frase pode resumir ben a falta de concreción de moitos deles e, sobre todo, o xerros de auga fría que están a caer sobre moitos, nomeadamente sobre os relacionados con hidróxeno ou os que, os seus promotores, condicionan a “cuantiosas subvencións europeas”.

A mesma semana en que a Xunta anunciaba que a planta de hidróxeno de REGANOSA e EDP Renovables (PIE en As Pontes) obtiña a Declaración de Impacto Ambiental, arreciaban as informacións, e artigos técnicos, que dan por enterrado (ou cando menos adiado a moi longo prazo) o “hidróxeno verde” tal e como se ven “vendendo” estes últimos tres anos.

En outubro do ano 2020, o goberno galego, liderado por Alberto Núñez Feijóo, anunciou a creación dun gran proxecto enerxético e “ambiental” que axudaría a impulsar a economía galega, os famosos “proxectos tractores”. Isto foi presentado xunto co vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, durante unha reunión constitutiva da comisión Next Generation Galicia. Alí indicouse que a Xunta tiña sete iniciativas que se axustarían aos obxectivos de Europa para unha recuperación verde, dixital, inclusiva e social, e que levarían a cabo mediante a colaboración entre o sector público e privado.

Ao final da reunión, Conde recalcou que a Xunta outorgaría unha prioridade absoluta ao proceso de selección do Fondo Europeo de Recuperación. De tal modo que a comisión interdepartamental encargada de supervisalo comezaría a traballar inmediatamente despois de ser aprobada no consello da Xunta. A tarefa involucraría a tódalas consellerías, así como ao Igape, que tería unha oficina encargada de tramitar os proxectos tractores, e ao Comité de Expertos Económicos, que xa foi unha parte importante na creación do Plan de reactivación e dinamización de Galicia, co que o Goberno galego desexaba continuar colaborando para agregar as súas contribucións.

Os proxectos que a Xunta anunciaba constarían de catro proxectos tractor e tres novas iniciativas transversais. Os catro proxectos son a instalación dunha planta de produción de hidróxeno verde; a implantación dun centro para o impulso da economía circular; a creación dun centro de fabricación de fibras téxtiles sostibles a partir da madeira, que permita diversificar un sector estratéxico para Galicia; e a instalación de nova potencia renovable, con 1000MW que permitirán o auto abastecemento do resto de proxectos.

Pola súa banda, as tres iniciativas transversais, das que se beneficiarán os proxectos tractores, céntranse nas cadeas loxísticas sostibles para o transporte; un centro de innovación en tecnoloxías renovables de hidróxeno; e un laboratorio dixital para profundar en sistemas 4.0.

Así mesmo, Conde expuxo o proxecto como algo que axudaría a Galicia a «afrontar a recuperación da crise económica e sobre todo a recuperación do emprego, xa que somos conscientes da importancia de impulsar reformas e sobre todo de impulsar proxectos que permitan a transformación económica e social e respondan as necesidades do impacto derivado da covid-19». Pero estes proxectos que tan aos catro ventos anunciaban fóronse estancando e quedando nunha mera idea tras haberse ido paralizando un a un.

Que proxectos están a funcionar?

Polo momento, o proxecto de fabricación de contra chapado é o único dos anunciados (e realmente a súa xestación foi moi anterior a esta idea dos “proxector tractores”) que se están levando a cabo, debido ás necesidades en Europa, e que, ademais, está a ser sostible para as empresas. Actualmente debido á gran cantidade de demanda que está a haber hai escaseza de vivenda, polo que os gobernos están a verse obrigados a aprobar plans de construción de novos parques inmobiliarios. Ao ser novas construcións, a Unión Europea quere aproveitar para impulsar unha política de vivendas con cero emisións, de tal modo que se poida conseguir a neutralidade climática. Iso poderíase conseguir usando madeira como a que empresas como Xilonor fabrican xa que a madeira é o recurso idóneo en canto á redución de emisións polo seu almacenamento de CO2 e a súa dispoñibilidade a nivel local. Pero o volume e “simbólico” e sen previsións inmediatas de multiplicar substancialmente a produción para poder considerarse un “tractor” para o sector.

Segundo a Análise do Ciclo de Vida elaborado por AEDA Homes, o uso de madeira tanto na estrutura como nos muros exteriores do edificio permite reducir nun 72% a pegada de carbono xerada durante a construción. Isto débese ás súas propiedades illantes. Con todo, no estudo indícase que para alcanzar este indicador é necesario reciclar a madeira cando finaliza a vida útil do edificio. Pola contra, a redución das emisións de dióxido de carbono cando se verte redúcese ao 38%. Na industria da construción, a madeira non só ten unha ampla gama de usos e oportunidades de reciclaxe, senón que tamén produce poucos residuos. Entre os produtos de longo ciclo de vida, que ademais son biodegradables e permiten a recuperación térmica, atópanse a madeira enchapada, os aglomerados e os artigos a base de fibra.

Desvincular a expansión económica da necesidade de materias primas é un requisito da economía circular. Unha substancia como a madeira debe poder usarse repetidamente e en fervenza para logralo. Isto require o seu uso continuo na fabricación de produtos ata o final do seu ciclo de vida mentres se utiliza a calor residual. Este é un problema ao que tamén se enfrontan outras industrias, como a enerxía renovable, onde a reciclaxe de materiais volveuse crucial para reducir as emisións.

Polo momento, en España hai poucas empresas que se dediquen á manufacturación de madeira para a construción, unha delas é a empresa galega xa mencionada Xilonor, pero aos poucos estase revertendo esta situación polos beneficios que están a ter e a gran demanda. A madeira está a recuperar atractivo no sector da construción grazas ás políticas europeas de sustentabilidade ambiental e ao feito de que é unha alternativa máis alcanzable a outros materiais.

A empresa Xilonor creou o primeiro centro de produción de CLT de Galicia, que ademais superou o millón de euros de facturación en 2021 no seu primeiro ano de actividade que, para facernos unha idea da súa magnitude, a cifra de negocio ascendeu, concretamente, a 1,1 millóns. A peche de exercicio, Xilonor contaba con 23 empregados, nun persoal medio de 15 persoas ao longo do ano. Cando se puxo en marcha o proxecto a previsión do fabricante era alcanzar os 30 traballadores nun prazo de tres anos. A débeda con entidades de crédito ao 31 de decembro ascendía a 8 millóns a longo prazo, con vencementos máis aló de 2026. O 91% dos ingresos procederon do mercado doméstico. Como se puiden observar, este modelo de negocio está a superar as proxeccións que se lle marcaron nun principio, conseguindo así ter unha gran rendibilidade.


Pola contra, outros proxectos como a creación dun centro de fabricación de fibras téxtiles sostibles a partir da madeira están estancados. Empresas como Altri, que se ía a encargar da fabricación de fibras téxtiles, aínda está en proceso de saber de canto diñeiro van dispoñer dos fondos europeos (si é que realmente esto chega a acontecer) antes de facer a fábrica.

Nun principio considerouse que os fondos necesarios para o desenvolvemento da fábrica serían algo menores. No informe do ano 2021, presentado en abril de 2022, afirmábase que o investimento do proxecto "podería superar os 700 millóns" de euros, a mesma cifra anunciouse nun primeiro momento. Pero a Xunta pronto elevou esa estimación ata os 800 millóns, un investimento reflectido na web Impulsa, unha colaboración público-privada impulsada polo Goberno galego para xestionar proxectos de tractores que podía ser seleccionados para as subvencións de fondos europeos Next Generation.

A creación desta planta, no caso de que se chegue a facer xa que aínda está no aire, sería importante tanto polo investimento monetario como pola capacidade das súas instalacións, que contarían cunha planta de viscosa e outra de lyocell. Isto produciría actividade nas súas proximidades e impactaría noutros departamentos como o forestal, conseguindo así que a Xunta poida levar a cabo o seu plan de ordenación e certificación dos bosques.

A pesar de todo o que se pode chegar a facer con esta planta, o presidente do grupo do que forma parte Altri non está moi convencido de que este proxecto vaia a ir adiante por falta de elementos crave. Mentres tanto, continúa aprazando a súa decisión final á espera do estudo de viabilidade económica e financiamento que está a realizar a súa empresa.

Isto débese a que os fondos que Altri esperaba conseguir eran de entre uns 200 ou 250 millóns de euros dos fondos europeos que, xunto cos novos socios, faría que o financiamento pola súa banda fose pequena. Pero estas cifras non encaixaban cos Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) que o Goberno xa puxera en marcha, o que complicaba o acceso ás axudas.

Mentres, hai unha gran incerteza entre a localidade de Palas de Rei (Lugo), onde se espera poder situar a fábrica. A empresa parece estar a manter reunións constantes coa administración local pero non se acaba de aclarar se van chegar os fondos europeos. Segundo informou o alcalde, Pablo Taboada, o problema reside na falta de comunicación porque pasou máis dun ano desde a reunión entre Pedro Sánchez e Alfonso Rueda e aínda non sabe nada do asunto das axudas.

Pola súa banda, o ministro de Industria, Héctor Gómez, reuniuse a principios de xullo de 2023 cos representantes de Altri para ver que cambios se podían facer no proxecto para axustarse ás esixencias e criterios establecidos pola UE para conseguir o financiamento esperado. Despois desas reunións, o ministro apuntou que «Altri presenta un proxecto extraordinario que encaixaría cos obxectivos da aposta cara á descarbonización» (referíndose á futura convocatoria do Perte de Descarbonización organizada polo Goberno).

Ademais, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou que, no que se refire a este proxecto, a Xunta de Galicia non fixo o suficiente para que leve a cabo senón que «busca facer ruído». Tamén explicaba que no seu momento o Goberno advertiulles que o proxecto «tal e como eles presentárono inicialmente, e como xa dixemos, non se axustaba aos criterios esixidos pola Unión Europea».

Os proxectos do Goberno tamén fallan

Doutra banda, atópase o megaproxecto anunciado pola Moncloa o 2 de novembro do pasado ano, polo que el grupo danés A.P. Møller-Maersk ía destinar ata 10.000 millóns de euros a España. Este diñeiro investiríase para xerar metanol verde para os barcos da multinacional danesa, que ten un custo tres veces maior que o combustible tradicional dos cargueiros xa que está composto por H2 verde e CO2 capturado.

Este investimento sería moi beneficioso para España, senón fose porque Maersk está a pasar por un mal momento económico. Actualmente a empresa está en números vermellos o que fai que nos preguntemos como vai pagar a España por todo ese metanol verde que queren que se fabrique.

Polo momento está a ter perdas do 40% debido á grave redución de ingresos no segmento do transporte marítimo con contedores pola diminución do valor da carga. Afortunadamente, os impactos foron parcialmente compensados por unha caída do 17,2% nos custos operativos, que ascenderon a $6,5 mil millóns de dólares, pero estes non foron suficientes para parar a caída da empresa.

Os seus barcos gastan uns 1.700 millóns en combustible para percorrer o mundo transportando contedores, unha cifra bastante alta e para a que se necesita moito diñeiro, o cal a empresa non ten. Vendo estas perspectivas é difícil imaxinarse como este acordo vaise poder levar a cabo.


A BURBULLA DO NITRÓXENO TAMÉN DESINFLA

Producir hidróxeno ten uns custes inasumibles e ate ruinosos, e os proxectos industriais só se xustifican por estar asociados a “inxentes subvencións” ou polas “compensacións enerxéticas” asociadas (conseguir parques eólicos e fotovoltaicos por parte das empresas promotoras, para obter a enerxía precisa para o proceso da electrólise da auga).

Levados polos ambiciosos obxectivos de implantación de renovables en Europa, o “hidróxeno verde” foi rápidamente adoptado pola gran industria; como a electricidade eólica ou fotovoltaica non se pode almacenar con facilidade e rendibilidade: “convertela” en H2. A idea é sinxela: usar enerxía renovable (conseguir concesións asociadas aos proxectos industriais) para, mediante electrólise da auga, xerar hidróxeno separandoo do osíxeno...logo licuar, almacenar e crear grandes redes de distribución (como o H2med) para obter independencia enerxética e suculemntos beneficios. E si non é para o hidróxeno quedaralles a infraestrutura de canalización para outros fins.

O hidróxeno (o gris estase a utilizar na actualidade en moitos procesos) é unha fonte de alta concentración enerxética e pode usarse para uso calorífico en combustión interna, para xerar vapor e mover unha turbina ou para pila de hidróxeno.

A idílica idea atópase con atrancos tan elementais como o feito de vivir nunha sociedade en transición obrigatoria, á que só lle queda un camiño: a electrificación total da economía: trens e coches eléctricos no lugar de combustión, bombas de calor no fogar en lugar de caldeiras…

Os custe eléctrico para a electrólise é inasumible nun mercado non “subvencionado” fortemente, ou compensado (pola porta de atrás), con concesións de parques para a produción renovable que (con ou sen hidróxeno) van producir “píngües beneficios” aos beneficiarios (na súa maior parte os mesmos donos das enerxías fósiles). A electrólise precisa de máis de 55 kw-h por kg de hidróxeno (ao que habería que engadir custes de estabilización físico-química da auga, máis o licuado, máis as redes de transporte) o que máis que duplica o dato de custe de obtención por kg.

A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde ten por obxectivo impulsar un novo tecido industrial na contorna deste; segue a ser unha suma de boas intencións con risco de esquecer que a sustentabilidade enerxética debe estar por riba doutra consideración... e non parece á vista da nova realidade que se está a debuxar. 

Enlace de interés (El Hidrógeno: aclarando conceptos. Con Marcos Rupérez Cerqueda): https://www.ivoox.com/hidrogen...;

Comparte esta noticia