Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Substituír eucaliptos nos montes galegos

Medio Ambiente aproba unha liña de axudas que permitirá e fomentará a sustitución de eucaliptos nas zonas da rede natura

A proposta busca fomentar a eliminación e substitución de eucaliptos por frondosas para protexer as 6.100 hectáreas de turbeiras e as 15.000 hectáreas de queirogais húmidos da Rede Natura 2000

13-03-2018

A Xunta xestionará un orzamento de case dous millóns de euros para a posta en marcha destas medidas de conservación do patrimonio natural de Galicia, que xa se poderán solicitar neste mes de marzo, tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e da que se beneficiarán preto de 3.000 persoas.

A consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato Otero, avanzou que grazas a unha modificación do PDR -que a Comisión Europea considera oportuna- aprobase que unha nova medida de medio ambiente e cambio climático se incorpore a este programa que conta con fondos europeos Feader (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural).

Grazas a esta ferramenta realizaranse pagos a aqueles particulares que o soliciten por compromisos silvoambientais e climáticos e conservación dos bosques, é dicir, trátase de compensar a adopción de compromisos silvoambientais e climáticos máis estritos que os establecidos pola normativa vixente e que sexan realizados de forma voluntaria. Tal e como explicou a conselleira, na actualidade están permitidas as plantacións de eucaliptos xa existentes; o que se pretende con esta medida é compensar a aqueles propietarios que asuman o compromiso de retirar as súas plantacións co obxectivo de mellorar estes espazos protexidos.

Deste xeito, os propietarios poderán substituír plantación de eucaliptos por frondosas, coa finalidade de aumentar a superficie dos bosques autóctonos. Esta medida está dirixida a todas as zonas I (territorios cun nivel de conservación moi alto) e II (territorios cun nivel de conservación alto e medio) da Rede Natura 2000 das áreas de montaña.

Outra opción é que os particulares opten pola eliminación de repoblacións de eucalipto sobre hábitats turbófilos e queirogais húmidos, polo que esta medida beneficiaría a todas as zonas da Rede Natura 200 onde se localicen este tipo de hábitats.

As turbeiras son zonas en cuxa conservación a Consellería está a traballar intensamente, para a eliminación total dos eucaliptos; porque esta especie non debería existir nesta zona. Os complexos de turbeiras e queirogais húmidos presentan unha gran importancia ecolóxica e xogan un papel fundamental na mitigación do cambio climático, ao ser considerados como unha das maiores reservas de carbono, por absorber e almacenar dióxido de carbono da atmosfera.

Turbeiras e queirogais na Rede Natura 2000

Na actualidade, existen na totalidade da Rede Natura 2000 unhas 6.100 hectáreas de turbeiras e 15.000 ha de queirogais húmidos, distribuídas en 33 Zonas de Especial Conservación (ZEC). Os hábitats de turbeira máis extensos sitúanse: na Serra do Xistral, no norte da provincia de Lugo; na provincia da Coruña, as máis relevantes están na zona de San Sadurniño e A Capela (ZEC Xubia-Castro) e en Toques (ZEC Serra do Careón). No caso da provincia de Ourense, hai bos exemplos de turbeira na ZEC Pena Trevinca (concellos de Viana do Bolo e A Veiga), na zona do Xurés (concellos de Verea e Quintela de Leirado) e no Macizo Central (concellos de Manzaneda, Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso) e, por último, no caso de Pontevedra, destacan as turbeiras da Serra do Cando, nos concellos de A Lama e Cerdedo.

Comparte esta noticia