Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


#StopCruceiros: concentracións o 19 de xuño en contra da entrada de cruceiros nos portos españois

Ecoloxistas en Acción ven de expresar a súa postura sobre o turismo de masas, especialmente o de cruceiros. A organización advertiu que dende o día 7 deste mes, o Goberno “abriu os portos á chegada dos megacruceiros ignorando a crise sanitaria e ecolóxica”. Polo tanto, nalgunhas das cidades máis perxudicadas por este turismo (Barcelona, Valencia, Palma, A Coruña e Vigo), convócanse manifestacións para expresar a negativa á apertura “dos nosos portos a unha mobilidade prescindible”. Así, as organizacións veciñais, sociais e ecoloxistas concentraranse o sábado 19 de xuño ás 12 horas para pedir ao Goberno que volva prohibir a entrada dos cruceiros nos portos españois por razóns sanitarias fronte á covid-19, de saúde pública e emerxencia climática. As manifestacións serán nos seguintes lugares: na Plaza Sant Jaume de Barcelona, nos escales da SEU de Palma, na Esplanada de lÈdifici del Rellotge de Valencia, no Obelisco de A Coruña e na Estación Marítima de Vigo.

 

O manifesto da convocatoria unitaria do 19 de xuño revela que España é o segundo país europeo con máis emisións de efecto invernadoiro procedente dos barcos, ademais de ser o primeiro máis contaminado por cruceiros ata que o sector cesou a súa actividade en 2020, por mor da pandemia. Ante a recente resolución do Goberno central erguendo o veto aos cruceiros dende o 7 de xuño, as organizacións piden a súa rectificación e que se manteña a restricción por razóns sanitarias e de protección á saúde pública en cumprimento das obrigas climáticas. Ademais, tamén piden ao Goberno central que actúe sobre o sector coa mesma determinación que o fixo debido á crise sanitaria, para facer fronte á pandemia da contaminación que sofre a poboación directamente exposta ás emisións dos megacruceiros e á emerxencia climática.

 

Ademais, no manifesto explícase que as organizacións consideran que a actividade de cruceiros é incompatible coa protección da saúde e do medio ambiente, xa que se trata dun turismo de altas emisións contaminantes (S0x, N0x e partículas ultrafinas), extractivista no uso intensivo de recursos naturais, que causa grandes impactos sobre as poboacións destinatarias e os ecosistemas mariños e litorais. Ademais, as organizacións denuncian a “operación de maquillaxe verde” dos cruceiros e os portos con falsas solucións tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde. Estes procedementos, ademais de ser inviables, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos. Por outra banda, instan ás administracións autonómicas e locais a situarse ao carón da cidadanía e o interese común, empregando todos os medios dispoñibles para oporse ás ampliacións portuarias e ao turismo de cruceiros nas cidades, unha actividade que pon en risco a saúde do planeta. Asemade, as organizacións fan un chamamento especial á cidadanía para que tomen conciencia dos impactos do turismo de cruceiros e de masas en xeral, baseados na hipermobilidade.

 

María García, experta en temas de calidade do aire, contaminación e cambio climático de Ecoloxistas en Acción, explica a perigosidade dos cruceiros na calidade de vida das persoas expostas: “Pola proximidade que teñen desas grande columnas de fume, están respirando ata cen veces máis dos niveles dunha rúa cun alto tránsito de vehículos”. Ademais, advirte que un dos grandes problemas en canto aos cruceiros é que o sector marítimo está baixo unha lexislación internaiconal moito máis laxa que as regulacións que se aplican en terra. Polo tanto, a poucos metros no mar existen “grandes industrias que se estivesen en terra estarían prohibidas”.

 

Pola súa parte, Jesús García é editor xefe e fundador de CruceroAdictos, o magazine dedicado aos cruceiros máis leído en español dende o punto de vista do viaxeiro. Segundo o seu criterio, as manifestacións non chegarán a afectar en gran medida á comunidade de viaxeiros de cruceiros: “O crucerista é un dos viaxeiros con máis alto índice de repetición e fidelidade”, explica. Ademais, comenta que a industria dos cruceiros fixou como obxectivo a sostibilidade e o impacto 0 no medioambiente: “Sentímonos moi felices de poder viaxar nos novos barcos propulsados con gas licuado, filtros, plans de reciclaxes do 100% a bordo, eliminación de plásticos, uso de iluminación de LED e moitos máis detalles”.

Comparte esta noticia