Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Ríos con Vida denuncia os vertidos ao río Asneiro, afluente do Deza

A asociación Ríos con Vida denuncia os vertidos ao río Asneiro, afluente do Deza, previsiblemente procedentes da depuradora de Botos. Así o afirma Mark Adkinson, presidente en Galicia de AEMS-Ríos con Vida (ONG de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública que se dedica á conservación e restauración dos ríos, ademais de promover unha xestión sostible dos recursos piscícolas fluviais). No documento da denuncia expresa que a asociación tivo coñecemento a través do club de pesca Deza, veciños da zona e medios sociais da prensa e televisión que entre os días 1 e 8 de xullo de 2021 producíronse novos vertidos ao río Asneiro. Estes vertidos teñen a súa posible orixe na depuradora municipal de Botos, e alcanzaron os lugares de Ximonde, no río Ulla, a 50 km da orixe do vertido. Deste xeito, o río presenta “un lamentable aspecto con alta concentración de escumas”. Estes vertidos afectaron a tres cauces fluviais: o río Asnero, o río Deza e o río Ulla. Ao parecer, os feitos realizáronse sen contar cos permisos oportunos.

 

Polo tanto, os fundamentos xurídicos presentados na denuncia son os seguintes: a realización dun vertido, segundo o tipificado no art. 325 do CP; a actividade de risco recollida na norma penal en blanco do anterior tipo penal cólmase co Texto Refundido da Lei de Augas (RD Lexislativo 1/2001), cuxo art. 97 explica:

 

Queda prohibida, con carácter general, y sin perjuicio de lo dispuesto en el artículo 100, toda actividad susceptible de provocar la contaminación o degradación del dominio público hidráulico, y, en particular:

 

Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de contaminación de las aguas o de degradación de su entorno.
b) Efectuar acciones sobre el medio físico o biológico afecto al agua, que constituyan o puedan constituir una degradación del mismo.
c) El ejercicio de actividades dentro de los perímetros de protección, fijados en los Planes Hidrológicos, cuando pudieran constituir un peligro de contaminación o degradación del dominio público hidráulico».
 

O art. 116.3 recolle como accións constitutivas de infracción:

 

Las acciones que causen daños a los bienes de dominio público hidráulico y a las obras hidráulicas. (…)
d) La ejecución, sin la debida autorización administrativa, de otras obras, trabajos, siembras o plantaciones en los cauces públicos o en las zonas sujetas legalmente a algún tipo de limitación en su destino o uso. (…)
f) Los vertidos que puedan deteriorar la calidad del agua o las condiciones de desagüe del cauce receptor, efectuados sin contar con la autorización correspondiente».
 

O río Deza e o Ulla, como todo curso fluvial, conta coa protección da Lei 5/2006, do 30 de xullo, para a Protección, a Conservación e a Mellora dos Ríos Galogos (BOE de 19 de agosto de 2006). Coma todo río, atópase protexido polo art. 21 da Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e Biodiversidade:

 

«Las Administraciones Públicas preverán, en su planificación ambiental o en los Planes de Ordenación de los Recursos Naturales, mecanismos para lograr la conectividad ecológica del territorio, estableciendo o restableciendo corredores, en particular entre los espacios protegidos Red Natura 2000 y entre aquellos espacios naturales de singular relevancia para la biodiversidad. Para ello se otorgará un papel prioritario a los cursos fluviales, las vías pecuarias, las áreas de montaña y otros elementos del territorio, lineales y continuos, o que actúan como puntos de enlace, con independencia de que tengan la condición de espacios naturales protegidos».

 

Estas normas desenvólvense no art. 315 do Reglamento do Dominio Público Hidráulico. Ríos con Vida cre que con estes feitos concolcouse o principio de “non deterioro” da Directiva Marco da Auga, 60/2000/CE, principio en vigor dende ese mesmo ano, así como do Texto Refundido da Lei de Augas, aprobado polo R.D Lexislativo 1/2001 (art. 98), xunto coas normas sectoriais arriba indicadas, coa fin de completar a remisión penal no blanco do tipo penal deste delito.

 

Ademais, o Deza forma parte da Rede Natura 2000, xa que se inclúe na ZEC ES 1140001 Sistema Fluvial Ulla-Deza, aprobada polo Decreto 37/2014, de 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e apróbase o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (D.O.G. nº 62, de 31 de marzo de 2014).

 

Por todo isto, Adkinson pide á Fiscalía que teña por presentado este escrito e se digne a admitir os feitos e que se “practiquen as dilixencias propostas e as que no sucesivo se acordan de oficio e a instancia de esta parte; continuar a instrucción do procedemento polos seus propios trámites ata a súa conclusión e remisión a Tribunal competente para o seu enxuízamento”

Comparte esta noticia