Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Renovables en España

As Comunidades Autónomas axudan a impulsar as renovables en España

As recentes subastas poden xerar cerca de 90.000 empregos durante a fase de construción e impulsar moi positivamente a economía das rexións implicadas

Galicia foi unha das Comunidades Autónomas que modificou recentemente a súa regulación para impulsar o desenvolvemento das renovables

29-12-2017

Tras anos de moratoria renovable, as subastas de 2016 e 2017, así como a posibilidade de acudir directamente ó mercado grazas á redución de custos, abren en España unha nova etapa para as enerxías renovables. As Comunidades Autónomas impulsan unha revolución enerxética renovable que utiliza enerxía autóctona e limpia, á vez que crea industria, emprego e riqueza nas rexións.

Os obxectivos vinculantes para 2020, cando un 20% da enerxía debe ser renovable, e os que se están debatendo na Unión Europea para 2030, onde é moi posible que se fixe un obxectivo do 30% ou superior, tralas posturas fixadas polo Consello (27%) e o Parlamento Europeo (35%), marcan un escenario de futuro desenvolvemento no que España dará importantes pasos para un mellor aproveitamento do seu potencial renovable.

Inversións que poden alcanzar 8.300 millóns de euros

As distintas Comunidades Autónomas están posicionándose de cara ós novos desenvolvementos renovables. Só as subastas celebradas en 2016 e 2017 implican a posibilidade de instalar 8.700 megavatios de nova potencia renovable que implicarán inversións do entorno de 8.300 millones de euros e xerarían cerca de 90.000 empregos durante a fase de instalación. Inversións, industria e empregos nun sector de futuro que as Comunidades Autónomas están intentando atraer de forma activa.

Dos cerca de 90.000 empregos – directos e indirectos – que se xerarían, máis de 51.700 serían no sector eólico e máis de 4.600 en bioenerxía. O sector fotovoltaico podería superar durante a fase de instalación os 33.400 postos de traballo, 28.000 directamente ligados ás subastas.

Tras esta primeira fase de instalación, máis de 18.000 empregos serían permanentes, vinculados á fase de operación e mantemento da nueva potencia instalada.

As Comunidades impulsan renovables en subastas e mercado

As subastas de potencia eléctrica non son a única opción de desenvolvemento das renovables no medio prazo. A potencia eléctrica a mercado ou os usos térmicos en sectores difusos son outras formas de xeración renovable que as Comunidades están impulsando.

As Comunidades Autónomas máis activas a nivel regulatorio son Andalucía, Aragón, Galicia e Castela-A Mancha que publicaron recentemente regulación específica para impulsar as enerxías renovables nos seus territorios.

Galicia, coa súa Lei 5/2017, non só impulsou por vía rápida os proxectos adxudicados nas subastas senón que garantíu a tramitación simplificada para o resto de proxectos que se presentaron antes do 26 de novembro. Andalucía tamén facilitou a tramitación de acceso e conexión, entendendo que os trámites administrativos non deben demorar o desenvolvemento renovable. Castela-A Mancha, co Decreto 34/2017, curiosamente publicado antes das subastas de 2017, cambiou para ben a tramitación dos novos proxectos. Por último, Aragón é unha das Comunidades Autónomas que veu recompensado o seu esforzo regulatorio coa concesión de numerosos proxectos nas recientes subastas.

Extremadura merece unha mención aparte. Aínda que non conta cunha nova regulación, esta Comunidad Autónoma está sendo moi activa na axilización dos proxectos o que se traducíu nun importante atractivo para as empresas.

A pesar dos esforzos das distintas Comunidades Autónomas e a atracción que as novas subastas supoñen para as inversións, é unha lástima que o sector renovable siga sumido na improvisación, alternándose anos de moratorias e gran concentración de subastas. Unha planificación enerxética a medio e largo plazo tería prolongado no tempo de forma ordenada os proyectos, xerando emprego de calidade e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento e os recursos renovables das Comunidades Autónomas.

Desenvolvemento desigual dos proxectos por rexións

Como pode consultarse no Estudo do Impacto Macroeconómico das Enerxías Renovables en España (descarga), o desenvolvemento renovable está sendo moi desigual nas distintas rexións españolas.

Os casos máis preocupantes son os de Baleares e Canarias, non só por estar entre as catro Comunidades con menor potencia renovable instalada senón tamén porque, pola súa condición de illas e o seu excelente recurso renovable, son rexións cun grandísimo potencial para poder beneficiarse desta transición enerxética.

Comparte esta noticia