Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Reciclaxe de vidro

Os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro en 2017, un 5,5 % máis que o ano anterior

Ó longo do ano pasado cada galego depositou no iglú verde 16,1 kg deste material. A Coruña foi a provincia que acadou a maior porcentaxe de reciclaxe con 17,1 Kg/habitante

04-05-2018

No 2017 os galegos reciclaron máis de 43.000 toneladas de vidro, un aumento do 5,5 por centro respecto ó ano anterior. Este dato supón o maior incremento da recollida selectiva a través do contedor verde dos últimos cinco anos. Cada galego reciclou 16,1 kg de residuos de envases de vidro, un quilo más que no ano anterior, cando a media se situou por riba dos 15 quilos.

En canto aos resultados por provincias, nas catro detectouse un incremento respecto dos datos de 2016, sendo un ano máis a provincia da Coruña a única que supera a media galega e a que máis recicla, cun promedio de 17,1 kg/hab, seguida da de Pontevedra, con 15,8 kg/hab, Ourense, con 14,7 kg/hab e Lugo, con 14,4 kg/hab.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, destacou o esforzo da poboación á hora de reciclar este material e recoñeceu que parte deste incremento débese á maior concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente reciclar. Ademais, resaltou que o esforzo realizado polos galegos, que en 2017 reciclaron 2.248 toneladas máis, evitou a emisión de máis de 30.000 toneladas de CO2, o que equivalería a retirar case 7.500 coches das estradas ó longo dun ano; aforrar máis de 100.000 MWh de enerxía na fabricación de novos envases de vidro e evitar a extracción de case 55.000 toneladas de materia primas da natureza, equivalentes a cinco veces o peso da Torre Eiffel.

Co obxectivo de facilitar a colaboración cidadá, ó longo do pasado ano incrementouse un 4% o parque de colectores ata acadar as 15.286 unidades, situando a media de contenerización en 1 colector por cada 177 habitantes.

Tal e como informou o xerente de zona de Galicia-Asturias, Ecovidrio -entidade sen ánimo de lucro que se encarga desde hai 20 anos da reciclaxe de vidro en España-, xestionou máis de 161 millóns de envases o ano pasado, unhas cifras que consolidan a tendencia ascendente na recuperación deste tipo de material en Galicia, que acumula sete anos consecutivos de incrementos.

O vidro na hostalería

Ferreira Costa destacou que hoxe en día ninguén dubida que a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita contra o cambio climático e engadiu que a hostalería é un sector vital para mellorar os resultados, xa que xera un 50% dos envases de vidro dun só uso que se poñen no mercado, polo que se desenvolveron diversas campañas e iniciativas con Ecovidrio para mellorar os resultados de reciclaxe deste material.

Comparte esta noticia