Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Por Otra PAC reclama unha maior ambición social e ambiental para o PEPAC

A crise climática e de biodiversidade, a pandemia e o despoboamento de zonas rurais, entre outros, supoñen retos aos que Europa debe facer fronte na actualidade. Segundo unha carta aberta elaborada por Por Otra PAC (na que participan máis de 40 entidades) son necesarias unha serie de propostas para conseguir que a PAC retome a senda de transición que contribúa a paliar os retos da década. Unha das principais vías para abordalos é a “promoción da transición agroecolóxica ata sistemas alimentarios sanos, xustos e sostibles a través de Política Agraria Común (PAC)”. Segundo a coalición, o 25 de xuño alcanzouse un acordo sobre a futura PAC en Bruselas que pon en risco o obxectivo de conseguir unha política que apoie a transición agroecolóxica. Así, a resposta de Por Otra PAC foi a presentación, por parte das entidades firmantes, dun conxunto de propostas básicas para “retomar a senda dos retos desta década e alcanzar a ambición socioambiental da PAC”. As propostas son as seguintes:

 

Aliñación coas recomendacións do Pacto Verde Europeo, en concreto, cos obxectivos das Estratexias “De la Granja a la Mesa” e “Biodiversidad 2030”.
 

A aplicación dunha condicionalidade social e ambiental realmente reforzada, o que implica que debe aplicarse desde 2023 e a todos os perceptores de calquera axuda da PAC.
 

Un pago básico que apoie ás leiras de maior valor socio-ambiental. Ademais, débense utilizar outros instrumentos da PAC como o capping, a figura de agricultor xenuíno e o pago redistributivo para asegurar o mantemento das boas prácticas a través dunha renda e condicións de traballo dignas.
 

Unha proposta de ecoesquemas que exclúa medidas sen obxectivos ambientais ambiciosos e, mesmo, prexudiciais. Isto implica a retirada dos ecoesquemas da agricultura de conservación, polo seu uso de herbicidas, así como a agricultura de precisión.
 

A supresión de todos os subsidios perversos que apoian a producións agrarias cun elevado custo social, ambiental e sanitario para o medio rural, como son a gandería industrial, a concentración parcelaria e a transformación a sistemas intensivos de regadíos en zonas que xa sofren escaseza de auga, entre outros.
 

A creación do Comité de Seguimento da PAC, cun sistema de seguimento e avaliación
 

A reunión sectorial do pasado 14 de xullo foi clave, xa que houbo negociacións entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e as Consellerías de Agricultura de cada comunidade autónoma para fixar o Plan Estratéxico Nacional da PAC (PEPAC) para o período 2023-2027. Malia que o Estado ten ata final de ano para perfilar os detalles, xa se pode afirmar que esta política “non logrará transformar o sistema agroalimentario que reclama un amplo sector de produtores, consumidores, ONG e expertos”.

 

Segundo Alberto Navarro Gómez, membro da Comisión Permanente de Por Otra PAC, a existencia dun único plan a nivel nacional, requerimento de Europa, dificulta a negociación. Agora mesmo, cos reglamentos europeos aprobados, queda o máis difícil: “Conxeniar os reglamentos nunha heteroxeneidade tan grande que ten o territorio español”. Cabe destacar que Galicia e as demais comunidades autónomas da cornisa cantábrica (País Vasco, Cantabria, Principado de Asturias) están aliñadas porque o deseño tradicional da PAC é moi mediterráneo. Polo tanto, reclaman unha aplicación da PAC máis acorde a esta rexión e que contemple as súas singularidades. A cornisa cantábrica ou a España húmida ten uns requerimentos e unhas necesidades distintas á España mediterránea, pois consta de explotacións diferentes a nivel xeral, maioritariamente gandeiras, destacando o modelo de pequenas e medianas explotacións.

 

Navarro explica que esta unión pode beneficiar a Galicia en termos tradicionais de negociación da PAC. Ademais, a comunidade galega “parece que se pode beneficiar de cousas que antes non podía”. Pon o exemplo de que en Galicia había unhas 75.000 hectáreas de pastos e forraxes, que os agricultores e gandeiros galegos declaraban á PAC pero polos que non cobraban e que agora parece que van a cobrar. Iso é un “beneficio para Galicia dende o punto de vista tradicional, de como se ordea a PAC”. Ademais, as froitas, hortalizas e tubérculos como a pataca (de Coristanco ou de A Limia), poderían beneficiarse de novas axudas directas. Esas son as dúas únicas propostas que están sobre a mesa a nivel galego e que parece que se van a poder lograr con esta nova PAC.

Comparte esta noticia