Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Plataforma ‘Nostián con Futuro’ contra os cambios na xestión de residuos da Xunta

Varios colectivos ecoloxistas, veciñais e sindicais crearon a Plataforma pola reciclaxe “Nostián con futuro” para defender o modelo da Planta de tratamento de residuos Nostián fronte ás novas imposicións da Xunta de Galicia na planta. A plataforma avoga que estes cambios non son os adecuados xa que “para cambiar esta situación é necesaria unha remodelación de todo o sistema de xestión de residuos”.

Dende hai un tempo, a Xunta quere implantar o modelo da prata de tratamento de residuos de SOGAMA na de Nostián, e que, ademais, instáurese o quinto contedor para envases lixeiros. “Nostián con futuro”, tras observar e comparar os datos de ambas as plantas, posiciónase en contra desta situación. Defende que, segundo datos recolleitos, o actual modelo de Nostián é máis eficiente e ten un mellor funcionamento que SOGAMA, de tal forma que se chega a reciclar ata catro veces máis, polo que non entenden o propósito deste cambio.

A plataforma chegou a varias conclusións sobre esta situación. Para empezar, avisan de que a implantación do quinto contededor só implicaría máis gastos para os cidadáns e unha maior ocupación do espazo público, pero non unha mellora na reciclaxe como o tenta vender a Xunta.

Advirten ademais sobre o “inadecuado funcionamento da planta” xa que, entre outras cousas, “os restos orgánicos do contedor mestúranos cos do contedor de tapa amarela”. E que ademais notaron unha falta de “separación en orixe” debida a que gran parte dos restos orgánicos están a ser tirados ao contedor amarelo.

Así mesmo, outro dos problemas da planta é o destino final do 50% dos residuos que chegan, o vertedoiro. Isto xunto co mal funcionamento pódelle conlevar un “incremento dos custos globais da xestión do lixo”, avisan. Por iso mesmo, cren que “para cambiar esta situación é necesaria unha remodelación de todo o sistema de xestión de residuos”. Para iso, ven imprescindible centrar os esforzos en solucións sustentables como o fomento de compostaxe doméstica e comunitaria, unha mellora da eficiencia na separación en orixe e recollida separada, así como tamén a implantación dunha produción de compost de calidade en Nostián.

A pesar desta necesidade de melloras, está demostrado que o modelo Nostián funciona mellor que o de SOGAMA. A Xunta ampárase en que a lexislación europea e a Estatal obrigan a que se implante o quinto contedor, pero a plataforma explica que non é do todo certa esa obrigatoriedade xa que se permiten outro tipo de recollidas como o modelo porta a porta. Para este non se precisan contedores, o cal ademais din que está “moi estendido por toda Europa, e ofrece os mellores resultados posibles”.

Para cambiar esta situación, a plataforma ten uns obxectivos moi claros. En primeiro lugar, o de promulgar unha xestión ecolóxica do lixo na que se priorice a reciclaxe e a creación de compost de calidade, e non se permita a incineración. En segundo lugar, quere opoñerse a implantación do quinto contedor de envases lixeiros, de modo que se opte por outras alternativas para mellorar o actual sistema de recollida separada.

Do mesmo xeito, quere “defender un modelo de ámbito comarcal para a xestión de lixo na contorna da Cidade da Coruña” e fomentar a educación ambiental como ferramenta para mellorar o modelo de xestión de lixo e promover a compostaxe doméstica e comunitaria.

En quinto lugar “Nostián con futuro” esixe ás administracións “transparencia nos procedementos administrativos vinculados á xestión do lixo” e unha maior capacidade de control e fiscalización á nova concesión. E finalmente defender os postos de traballo da planta de Nostián.

A plataforma é consciente de que en poucos anos a lexislación europea obrigará ás plantas de tratamento de residuos a alcanzar mínimo unha porcentaxe de reciclaxe, o cal tanto Nostián como SOGAMA están lonxe de conseguir cos modelos actuais, así como tamén a supresión do depósito de residuos nos vertedoiros, que de non levar a cabo conlevará sancións. Por iso mesmo, A piden ao Concello da Coruña que solicite a excepcionalidade que prevé a lei e que acordou co Consorcio e por unanimidade no Pleno, e que aínda está a tempo de xestionar.

Actualmente, as entidades forman parte da plataforma pola reciclaxe "Nostián con Futuro" son: Asociación ecoloxista ADEGA, Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán, Asociación de vecinos Atochas, Monte Alto y Torre de Hércules, Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros, Asociación de Vecinos Os Rexumeiros - Castro de Elviña, Asociación de Vecinos Los Rosales, Asociación de Vecinos Monte Martelo, Asociación Vecinos Orzán-Pescadería, Confederación Intersindical Galega, Asociación Vecinal para el Desarrollo Económico y Social - Elviña 2 Fases, Asociación de Vecinos Novo Centro de Matogrande, Asociación Francisco Rodríguez Otero de Labañou-San Roque e Cidade Escolar e Comisión Aberta en Defensa do Común.

Comparte esta noticia