Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Plantacións tropicais para compensar as emisións de carbono, e parecer máis “verdes”

O clamor social para que as grandes empresas e os países rebaixen as súas emisións de carbono, e cada vez maior. Para acadar este obxectivo débense facer cambios estruturais moi grandes e custosos, polo que moitas empresas e gobernos optaron por diversas estratexias, máis cercanas ao marketing que ao compromiso real, para dar a entender á xente que se preocupan polo medio ambiente. Unha delas é o uso de proxectos de secuestro de carbono terrestre, como a plantación de árbores que, aínda que tenten poñela como a práctica ideal, pode ser muy daniña para o medio.

Moitas destas plantacións de árbores está a levarse a cabo en rexións tropicais xa que estas zonas, polas súas condicións climatolóxicas e terrestres, favorecen ao rápido crecemento das plantas. Isto fai que as empresas poidan chegar aos obxectivos de plantación de forma máis rápida, de aí o porqué das zonas elixidas. Con todo, con esta práctica, córrese o risco de reducir as medidas positivas cos ecosistemas naturais a unha soa: a captura de carbono.

Estes programas de plantación están a causar, en moitos casos, máis dano que ben xa que afectan á biodiversidade das rexións onde estas árbores son plantados e intensifican a degradación dos hábitats. Os expertos sosteñen que, a pesar de que algunhas iniciativas teñen como obxectivo reforestar zonas degradadas, en moitos casos están a sementarse árbores en áreas que antes non se contaban como praderías, o que altera a dinámica ecolóxica local con consecuencias potencialmente prexudiciais. É dicir, que non vai axudar á biodiversidade plantar unha especie que recolla máis dióxido de carbono nunha zona na que esa planta poida chegar a ser daniña para as que a rodean xa que faría máis mal que ben.

Os programas de plantacións para o secuestro de carbono tenden a concentrarse nunha especie ou outra, promovendo parches vexetais homoxéneos (monocultivos) e distorsionando a biodiversidade que caracteriza aos ecosistemas tropicais. Os expertos advirten que é posible que con esta práctica estea a facerse un mal uso do diñeiro, xa que existen incentivos financeiros importantes para que as empresas privadas compensen as súas emisións de carbono mediante investimentos en plantacións de árbores.

Os expertos avisan que a proliferación de plantacións para compensar emisións está motivada polo diñeiro, non pola ecoloxía. Argumentan que a protección dos ecosistemas orixinais debería ser a prioridade en lugar do foco económico en proxectos de captura de carbono. Segundo eles, aínda que estas plantacións monoespecíficas, destinadas á produción de celulosa e madeira, poden ser economicamente rendibles, o seu nivel de biodiversidade é significativamente inferior en comparación cos bosques compostos por varios tipos de árbores.

As plantacións monoespecíficas non son a solución máis adecuada en termos de secuestro de carbono. A tendencia actual de plantar árbores centradas no carbono pode chegar a resultar nunha homoxeneización biótica e funcional a gran escala, con menores ganancias de carbono. Segundo varios estudos, necesítase reforestar unha superficie equivalente ao total de Estados Unidos, Reino Unido, China e Rusia para eliminar un ano de emisións.

Tal e como afirman os expertos, os ecosistemas tropicais, como as sabas e os pasteiros, xa son sumidoiros de carbono, almacenando grandes cantidades no chan, mentres que as plantacións de compensación tenden a almacenar a maior parte do carbono na superficie, o que as fai máis susceptibles, por exemplo, a secas e incendios.

Suponse que plantar árbores para capturar carbono tamén beneficia á biodiversidade e aumenta os beneficios socioeconómicos, pero os investigadores consideran que isto non é o que adoita ocorrer. Segundo eles, non se debe fomentar a degradación dos ecosistemas mediante a plantación de árbores cunha visión limitada da captura de carbono, e deberíase enfocarse en conservar e restaurar os ecosistemas, así como en reducir as emisións xeradas polos combustibles fósiles.

Unha estratexia máis axeitada para protexer o funcionamento dos ecosistemas é enfocarse na restauración destes para equilibrar os servizos ecosistémicos, a conservación da biodiversidade e o secuestro de carbono.

Comparte esta noticia