Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Piden o peche cautelar da presa Ponte Inferno cuxa explotación caducou no 2017

A finais deste pasado ano 2020, coñecíase que Augas de Galicia deixara caducar o expediente de extinción da central hidroeléctrica Ponte Inferno, que afecta aos ríos Verdugo e Oitavén. Un expediente polo que se iniciaba o trámite de finalización da concesión e abría o proceso de rexeneración ecolóxica da zona afectada por esta presa. Segundo o Plan Hidrolóxico Galicia Costa, o prazo de concesión para a central Ponte Inferno rematou en marzo de 2017, logo de 131 anos de explotación que deron lugar a graves impactos ambientais na contorna. O expediente de extinción, promovido dende o colectivo A Rente do Chan-Pladever, e iniciado dende Augas de Galicia, fora apoiado tamén no seu día polos concellos de Soutomaior e Ponte Caldelas.

Malia que a concesión finalizou, a empresa continúa na actualidade a turbinar o río e o muro de doce metros segue a cortar o fluxo da auga.

A decisión de Augas de Galicia de deixar caducar o expediente, supón dar varios pasos atrás e paraliza o feito ata o de agora nestes tres anos e ter que voltar de novo a iniciar o proceso, e isto conleva directamente atrasar a recuperación do río. Amais, isto supón que a empresa segue a beneficiarse de forma ilegal dun río que está a prexudicar, provocando danos na biodiversidade tanto no Verdugo como no Oitavén, así como tamén, na pesca e o marisqueo da ría.

Agora o colectivo, Pladever e A Rente do Chan, veñen de solicitar á Medio Ambiente que proceda ao peche cautelar da actividade, ao seren coñecedores do grave abandono das instalacións: canle de derivación fendido, pasarelas rotas e filtracións na mampostería do muro da presa, son só algúns exemplos dos depserfectos.

Na procura do reinicio do expediente para dar un respiro ao río

Para o colectivo, é urxente que a administración galega leve a cabo o cese da actividade da presa, e evitar que o deterioro das instalacións remate por “reventar a presa provocando danos no río, que poderían extenderse incluso ás persoas e a poboacións”, así o explicaban en declaracións ao Diario de Pontevedra.

Amais a formación, está na procura do reinicio do expediente para a súa clausura, pois a día de hoxe a toma de auga deste aproveitamento, incumpre a concesión, e lembran que está a provocar a degradación dos ecosistemas fluviais: ruptura total do acceso migratorio, cortes reiterados do caudal ecolóxico, lonxitude de remanso maior da autorizada, inclusión da fauna fluvial na derivación e instalacións electromecánicas.

Un chamamento ao peche, que o colectivo tamén fai ás empresas implicadas no aproveitamento, Naturgy coma concesionaria, e Elecdey como arrendataria. Explican “que ata o momento, negáronse a realizar as melloras estruturais e ambientais que a Xunta lles ven reclamando dende 1994”, e engaden “menos o van facer agora que a arrendataria foi absorbida por varias empresas das coñecidas coma fondos voitre”.

Anos de irregularidades

Durante todos estes anos de aproveitamento da auga, as irregularidades da presa foron continuadas. De feito, abríranse varios expedientes por incumprimento da normativa e as empresas foran multadas en varias ocasións, como por exemplo, por non respectar os caudais ecolóxicos ou por non dotar de aforador ás tomas de auga polo que non se podían realizar a comprobación do caudal, que como mínimo tiña que ser de 955 L/s, feito que se incumpriu varias veces, e mesmo, en ocasións, chegou a secarse por completo na saída de auga.

Mesmo o Tribunal Superior de Xustiza recoñecía esas irregularidades, pero que non impediu que a concesionaria, Naturgy, malia non cumprir a Lei de pesca nin de augas, deixara en ningún momento de turbinar.

Os impactos causados por esta central hidroeléctirca son, durante os máis de 130 anos que leva operando, numerosos. Dende impedir o normal funcionamento dos ecosistemas fluviais a ocasionar problemas nos fluxos migratorios de especies como a anguila, o salmón ou a lamprea, chegando a cortarlos ata 2 quilómetros no río Verdugo e 5 no río San Vicente, entre outros.

Impactos medioambientais e ecolóxicos que seguen agravándose coa continuidade da actividade da presa, e que de seguiren así, o proceso de recuperación e rexeneración da zona será cada vez máis difícil e convertiráse nun proceso moi lento, que xa de por si o era.

Comparte esta noticia