Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Peticións para unha lei de residuos centrada na redución

Amigos da Terra solicita ao goberno galego que cree unha lei de residuos «que poña a redución no centro»

Insta á administración autonómica a que siga o exemplo doutras comunidades como as Illas Baleares que aprobaron unha lei de residuos que contou coa participación cidadá e se sitúa como unha das máis ambiciosas de España e Europa

30-01-2019

A asociación ecoloxista Amigos da Terra celebra a aprobación da Lei Balear de residuos, que se posiciona como unha das máis ambiciosas de España e de Europa, e adiántase en moitas medidas á Directiva recentemente aprobada relativa aos plásticos dun só uso. A pesar da oposición que xerou o documento entre lobbys de envasadores e fabricantes de produtos de usar e tirar, estatais e europeos, a lei aprobouse con éxito e priorizando a protección ambiental e o residuo cero, fronte aos intereses e presións económicas.

Agora, o colectivo pide ao Goberno galego que siga o camiño das Illas Baleares e cree unha ambiciosa lei de residuos que poña á redución no centro. A lei Balear de residuos, aprobada onte no Parlamento ,ten a redución de residuos como protagonista e é consecuencia de moitos meses de traballo e participación cidadá onde destaca o papel da plataforma “Per una mar sensa plastic” da que forma parte Amigos da Terra Baleares.

Como medidas destacadas, establécese un obxectivo vinculante de redución do 10% en 2021, con respecto aos residuos xerados en 2010 e do 20% en 2030. Para acadar estes obxectivos, a lei propón a prohibición en dous anos dos principais produtos de plástico dun só uso como bolsas, envases, cápsulas de café, palliñas ou toalliñas. Ademais establece obxectivos de preparación para a reutilización, do 3% para 2025 e 5% para 2030 e deixa a porta aberta á reintroducción do Sistema de Depósito para os envases de bebidas.

Tamén é relevante a prohibición de produtos con microplásticos e nanoplásticos, así como os modelos non reutilizables ou recargables de chisqueiros, coitelas de afeitar, cartuchos e tóners de impresoras.

Residuo cero

Con este documento aprobado, agora é o momento de iniciar a posta en marcha das súas medidas, para avanzar cara ao residuo cero, e reducir a elevada cantidade de plástico que afecta ao Mediterráneo, e outros mares e océanos. «Esta lei deberá ser un exemplo para seguir polo resto de Comunidades Autónomas como Galicia, e mesmo para as futuras normativas estatais, de maneira que a xeración e xestión de residuos no país poida cambiar a súa dinámica actual, e se consigan menores cifras de xeración de residuos e maiores porcentaxes de reutilización e reciclaxe, para dar así cumprimento ás Directivas Europeas, e reducir a problemática causada por incineradoras e vertedoiros no país», declara María Durán, responsable da área de Recursos Naturais de Amigos da Terra.

Desde Amigos da Terra espérase que este tipo de normativas non sexan excepionais e noticia, senón que sexan as que predominen en todo o Estado, e así se poida avanzar cara ao necesario residuo cero.

Comparte esta noticia