Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Obxectivo 2025 Galicia: reducir os residuos nun 15%

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, prevé, entre outros obxectivos, reducir o lixo nun 15% de aquí ao ano 2025. A futura Lei de Residuos e Solos Contaminados de Galicia, que en principio entrará en vigor o vindeiro ano, superará así o que marca a Lei estatal, que establece este obxetivo nun 10%.

Coa nova lei o Goberno galego pretende “fomentar a prevención e a reutilización dos residuos”, pondo en marcha medidas “destinadas a frear o impacto dos plásticos”. A prohibición de vender pratos, vasos, cuncas e bandexas de plástico dun só uso; agás que estean compostos dun 50% de material biodegradable, é un exemplo das medidas a tomar que “intensificarán a loita contra os plásticos”. Amais, no anteproxecto está presente a reducción do consumo nun 80% de bolsas de plástico lixeiro (disposta na normativa estatal), que recolle a Directiva Europea ditada no 2015. Neste senso, búscase que para o 2025 cada persoa empregue un máximo de 40 bolsas non biodegradables ao ano.

Tamén e tendo en conta que uns 1.300 millóns de toneladas de alimentos producidos no mundo ao ano se perden, a nova Lei de residuos pretende fomentar a reducción do desperdicio alimentario.

Segundo a Consellería de Medio Ambiente, outro obxectivo principal que recollerá a nova lei será a reutilización. O propósito fixado é o de chegar vindeiro ano a un “50% de residuos domésticos e comerciais preparados para reutilizar ou reciclar”. Así como tamén, “fomentar a reciclaxe de envases co propósito de acadar en cinco anos máis a reciclaxe dun 65% dos mesmos e a un 70% no ano 2030”, cumprindo así co obxectivo europeo de derivar ao vertedoiro un 10% da cantidade de residuos xerados.

Comparte esta noticia