Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O VIRATEC presenta hoxe o anteproxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga

O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC) presenta hoxe ás 16:30 horas na sede Feuga o anteproxecto de Lei de mellora do ciclo integral da auga, coa presenza de Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia. O acto tamén contará co presidente do Clúster, Marcos Martín. A inscrición é gratuíta e pode realizarse mediante esta páxina.

 

Segundo o VIRATEC, o anteproxecto de Lei aspira a consolidarse nun marco normativo que permite regular o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración de augas. Con este novo modelo de xestión preténdese garantir a calidade dos servizos aos cidadáns e colaborar coas entidades locais ante as dificultades que teñen moitos municipios. Ademais, este marco legal establece instrumentos de cooperación entre as administración, Xunta, Deputacións e Concellos coa previsión de que Augas de Galicia poida asumir a xestión do ciclo da auga dos municipios que o soliciten.

 

O VIRATEC e a Xunta colaboran para aplicar en Galicia os compromisos da COP-26

 

O VIRATEC colaborará coa Xunta de Galicia para convertir a nosa comunidade “nun referente da neutralidade climática”. O obxectivo é que Galicia asuma cunha estratexia propia as metas establecidas na 26ª Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático, que será celebrada en Glasgow. O documento firmado en Glasgow establece que a Xunta de Galicia, xunto con VIRATEC, actuará como “líder climático” para conseguir reducir as emisión de CO2 nun 45% para 2030 respecto aos niveis de 2010. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, resaltou que a Xunta precisa o apoio de VIRATEC para lograr que a transición ecolóxica sexa realidade. Ademais, engadiu que “entregamos a VIRATEC a Memoria de Entendemento, a declaración de intencións pola que as 260 rexións firmantes asumimos o reto de implementar medidas que limiten o quecemento global”.

 

Xa nunha reunión establecida o 1 de outubro, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Calidade Ambiental, Sagrario Pérez Castellanos, e o presidente do VIRATEC, Marcos Martín, analizaron a posibilidade de impulsar actuacións conxuntas que promovan un cambio cara o modelo de economía circular. A misión principal do VIRATEC é incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que aportan solucións ambientais.

 

O encontro, no que tamén estiveron presentes outros representantes de VIRATEC, serviu para coñecer os proxectos deste organismo, que aglutina un total de 59 empresas que se dedican á xestión de residuos, polo que a conselleira indicou que é importante manter un contacto permanente coas mesmas. Nese sentido, avanzaron a celebración de reunións de carácter técnico en distintos puntos da xeografía galega, co fin de mellorar as porcentaxes de recuperación. A conselleira destacou que o Goberno galego impulsou a Estratexia de economía circular convencido do potencial do tecido empresarial galego, así como da sociedade, de avanzar pasos cara a este modelo que aposta polo esgotamento da vida útil das materias primas e, sobre todo, dunha Galicia cada día máis verde e sostible.

 

Sobre o VIRATEC

 

O Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (VIRATEC) nace coa misión de incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación e a competitividade das empresas galegas que aportan solucións ambientais. Centra o seu traballo en xerar alianzas público-privadas que desenvolvan proxectos innovadores centrados en lograr unha economía sostible, descarbonizada, eficiente no uso dos recursos e competitiva. A principal visión do VIRATEC é a de se run referente no desenvolvemento e implementación de tecnoloxías, procesos e solución ambientais a nivel local, nacional e internacional.

Comparte esta noticia