Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O Plan rector de uso e xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

O pasado 1 de abril a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO) e a Asociación Verdegaia, presentou un recurso Contencioso-Administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra a aprobación do Plan rector de uso e xestión (PRUX) do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (Decreto 177/2018, do 27 de decembro). Agora e logo do traslado do expediente administrativo, as dúas en entidades están a analizar a documentación para presentar antes do 8 de xullo os motivos de dita denuncia.

Verdegaia e SGO, decidiron denunciar o PRUX do Parque Nacional despois de que as alegacións presentadas no período de exposición pública do plan, non foran “satisfactoriamente contestadas ou directamente obviadas por parte da Xunta de Galicia”. Ámbalas dúas entidades denuncian a “falta de criterios de conservación” e unha “continua desconsideración ás queixas” presentadas do PRUX.

Os esquecidos do PRUX do Parque Nacional Illas Atlánticas

As dúas asociacións acusan á Xunta de Galicia dunha falta de “cumprimento dos criterios de conservación e planificación da xestión de especies” que lle deron valor ás Illas Atlánticas para seren decaradas Parque Nacional. Engaden que especies como o corvo mariño cristado que sofre un acusado descenso de parellas reproductoras nos últimos anos, ou o furabuchos balear considerada en Perigo de Extinción, ou a paradela cincenta e a gabita unha especie vulnerable e que con escasas parellas está a criar no Parque Nacional, son esquecidas. Todas elas, aseguran SGO e Verdegaia non son nin mencionadas no devandito plan, para non seren polo tanto xestionadas, feito que cren “é condenable e contrario ao que un Plan rector de uso e xestión debe facer”.

Estes feitos que xa denunciaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pon de manifesto “a vocación turística do espazo protexido” do PRUX aprobado polo Goberno galego, engaden.

A Sociedade Galega de Ornitoloxía e a asociación Verdegaia amosan ademais a súa preocupación ante o recente debate en torno a nova Lei de Patrimonio Natrual, que consideran “non melloran nin corrixen os feitos” como os expostos no recurso contencioso – administrativa presentado.

Comparte esta noticia