Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O Grupo Parlamentar do BNG pide á Xunta a eliminación de cianotoxinas do encoro de Portodemouros

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa dos deputados Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres e da deputada Montserrat Prado Cores, ven de presentar unha Proposición non de lei para debate en Pleno sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para eliminar as cianotoxinas do encoro de Portodemouros e restablecer o seu uso para o deporte e o lecer. O Grupo Parlamentar indica que nos concellos de de Santiso, Vila de Cruces e Agolada, que comparten territorio co encoro de Portodemouros, recibiuse un comunicado oficial de Augas de Galicia segundo o que a partir do 19 de agosto deste 2022, quedan suspendidas ata nova comunicación o baño e a navegación no encoro debido á presenza de cianotoxinas na auga.

Neste sentido, o Grupo lembra que estas cianotoxinas son producidas polas cianobacterias que poden experimentar un desenvolvemento desmedido baixo condicións de luz e calor intensos en masas de auga con altos contidos en compostos nitroxenados e fosfatados. “A presenza deste compostos nas zonas rurais é case sempre debido a escorrentías con restos de fertilizantes agrarios, vertidos de puríns procedentes de granxas principalmente de vacún e de porcino ou ó deficiente funcionamento dos inxenios de depuración de augas residuais tanto de orixe humana coma industrial”. Así, o BNG subliña que estas cianotoxinas son altamente perigosas para a saúde humana e animal, ameazando o equilibrio dos ecosistemas acuáticos.

Esta situación, que se repite dende hai varios anos, ameaza tamén a saúde dos seres vivos dependentes da masa de auga citada, proxectos para o uso deportivo e de lecer das augas do encoro de Portodemouros. “Proxectos que constitúen a única avantaxe e aproveitamento que esta lucrativa (para outros) presa pode ofrecer aos veciños e visitantes”. Por todo isto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte Proposición non de lei:

“O Parlamento galego insta a Xunta a:

  • Investigar a procedencia dos compostos nitroxenados ou/e fosfatados que causan tódolos anos esta explosión de cianotoxinas que ameazan a saúde humana e animal do entorno e dos ecosistemas do encoro de Portodemouros.
  • Tomar as medidas necesarias para evitar a presenza destes compostos preservando a saúde das augas e permitindo o uso deportivo e de lecer do encoro de Portodemouros.”

Comparte esta noticia