Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O BNG presenta iniciativas parlamentarias en materia de xestión de residuos

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ven de presentar unha cadea de iniciativas nas que solicita información ao Goberno sobre o estado no que se atopa a elaboración das leis relacionadas coa xestión de residuos. Neste sentido, o BNG presenta unha pregunta para resposta oral en Pleno asinada por Luis Bará Torres, Paulo Ríos Santomé e Alexandra Fernández Gómez sobre as previsións do goberno galego en relación coa aplicación do previsto na Lei estatal de residuos e a conseguinte actualización da lexislación galega. Así, o Grupo Parlamentar lembra que a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para a economía circular (publicada no BOE o pasado 9 de abril) “traspón ao ordenamento xurídico do Estado español diferentes directivas comunitarias e introduce importantes novidades en relación coa normativa anterior”. Polo tanto, debe “abrirse un proceso de participación cos diferentes sectores implicados e coas entidades locais para iniciar a revisión e actualización da lei galega”.

Por outra banda, o Grupo Parlamentar do BNG presenta unha pregunta para resposta oral en Pleno asinada polos deputados Luis Bará Torres, Paulo Ríos Santomé e Alexandra Fernández Gómez sobre as previsións do goberno galego en relación coa avaliación do PRIGA 2016-2022 e coa elaboración participativa dun novo Plan de Residuos Industriais. Así, os deputados e deputadas lembran que o Plan de Residuos Industriais de Galiza (PRIGA) remata a súa vixencia este mesmo ano, polo que “é o momento de facer avaliación dos seus resultados e de elaborar a partir destes os obxectivos, as liñas de actuación e as medidas do novo Plan”.

Ademais, o BNG presenta outra pregunta para resposta oral en Pleno asinada por Luis Bará Torres e Alexandra Fernández Gómez sobre a valoración da Xunta dos malos resultados obtidos pola nosa comunidade na Memoria de Xeración e Xestión de Residuos Municipais de 2019 e nos datos de SOGAMA do 2020. Neste sentido, os deputados indican que a “Memoria de Generación y Gestión de Residuos de Competencia Municipal” recolle (a nivel galego) uns datos dun total de e 1.185.822 toneladas de residuos recollidos, dos que 571.196 toneladas foron a incineración e 320.517 toneladas a vertedoiro. Ademais, segundo os datos de 2019, Galicia ocupa o terceiro posto pola cola en canto a resultados; e en canto a cifras de recuperación e reciclaxe de residuos, a nosa comunidade está por debaixo do 20%, moi por debaixo do obxectivo do 50% marcado pola lexislación para 2020.

Por útimo, o Grupo Parlamentar presenta unha pregunta para resposta oral en Pleno asinada por Luis Bará Torres e Alexandra Fernández Gómez. Os deputados preguntan se o goberno galego ten previsto cumprir a lei no referente ao desenvolvemento da planificación e construción de infraestruturas de xestión dos biorresiduos. A cuestión fai referencia ao “Informe sobre a Estratexia Galega de Biorresiduos e residuos municipais 2022-2023”. Neste sentido, o Plan ou Estratexia de Biorresiduos “debería tramitarse como tal modificación ou adaptación do PXRUG, e someterse ao conseguinte trámite de información e participación pública”.

Comparte esta noticia