Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


O BNG pide medidas urxentes para recuperar as augas e terras contaminadas na Limia

O Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG) ven de informar nun comunicado de prensa sobre unha iniciativa para poñer en marcha un plan urxente co fin de recuperar as augas e terras contaminadas na Limia, iniciativa rexeitada no pleno polo Partido Popular. Xosé Luís Rivas, deputado nacionalista pola Coruña, instou a semana pasada á Xunta de Galicia a “mudar o modelo e apostar pola gandaría extensiva de vacún, ovino e cabrún para recuperar 10.000 hectáreas (na Limia) en cinco anos”. Cabe destacar que Rivas leva interpelando durante semanas ao Goberno diante da aprobación dun decreto ministerial que declare á comarca da Limia como unha zona vulnerable por contaminación por nitratos.

 

Así, o BNG reclama un plan urxente, ademais de animar a establecer unha moratoria de novas explotacións gandeiras intensivas de porcino. Ademais, as nacionalistas piden frear a ampliación das granxas existentes e reclaman deseñar proxectos de compostaxe na xestión dos xurros para o seu aproveitamento como fertilizantes que substitúan os abonos naqueles lugares onde haxa un número excesivo de explotacións gandeiras intensivas.

 

O deputado nacionalista cualificou de “errática” a xestión da consellería do Medio Rural, aludindo ás declaracións do conselleiro sobre a inversión compartida entre a Xunta e o Estado para potenciar o sector agrario da comarca de “maneira sostible”. Por outra banda, criticou que as propostas da Mesa da Limia do 4 de outubro de 2019 “quedaron en fume”. Ademais, Rivas incidiu na gravidade da contaminación das terras e augas da Limia, que representan a ameaza real de chegar a ser declarada “zona vulnerable por saturación de nitratos e fosfatos”.

Comparte esta noticia