Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Múltiples denuncias sobre SOGAMA, postas en evidencia hoxe no Parlamento

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, María Sagrario Pérez Castellanos, admitiu que «non saíu ningunha cantidade» de compost da planta de biorresiduos de SOGAMA en Cerceda desde a súa posta en marcha. Foi en comparecencia informativa no Parlamente, a petición do portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará que solicitou, a través dunha pregunta ao goberno, os datos sobre o impacto ambiental da planta incineradora de SOGAMA, a capacidade dos vertedoiros e porcentaxe de ocupación, as previsión para cumprir o Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza e a valoración da Xunta sobre o funcionamento da planta de compostaxe de Cerceda. Tras a intervención da directora de Calidade Ambiental, María Sagrario Pérez Catellanos, o deputado do BNG criticou o seu descoñecemento da “avaría en SOGAMA” e que eludira responder ás cuestións formuladas polo BNG.

O deputado denunciou “as irregularidades do complexo de SOGAMA e o uso fraudulento” por considerar que “cobra por un servizo que non cumpre” e anunciou que o BNG estuda emprender accións contra este fraude.

Nun xogo de palabras, Bará propuxo cambiar o nome de SOGAMA, Sociedade Galega de Medio Ambiente por “SOGAIN, Sociedade Galega de Incineración e vertedoiro” porque SOGAMA, dixo, dedicase a iso, “a queimar e verter”, ao que sumou as emisións contaminantes que produce e que a converte “nunha grande fábrica de cambio climático”.

Según o deputado nacionalista, «SOGAMA é un modelo “obsoleto, ineficiente, centralizado e custoso” pero ademais representa un “entramado de empresas” e unha xestión deficiente. Neste entramado, están as plantas empacadoras, sistema de transporte e o complexo de incineración e vertedoiro de Cerceda. Existe un “cúmulo de irregularidades e unha conivencia preocupante entre a empresa que xestiona asempacadoras e a UTE que xestiona o transporte” porque, en parte, son a mesma, o “Grupo Valtalia” con catro grandes contratos para o monopolio de toda a xestión de Cerceda e que superan os 500 millóns de euros. Abundou en que «por outra banda, existen vínculos familiares entre Valtalia e Copasa que xunto a Renfe xestiona o transporte do lixo a SOGAMA», engadiu.

“Algo cheira a podre en Cerceda” e se está a verter “a caño libre” no vertedoiro de Areosa sen pasar previamente pola planta de SOGAMA, aseverou o nacionalista. Bará pide medidas urxentes para que Galiza non rexistre un accidente como o de Zaldibar.

O deputado criticou que Pérez Castellanos non respondera sobre as medidas previstas pola Xunta ante a “avaría na planta de incineración” que condiciona todo o sistema e na planta de clasificación o transporte emprega ate 10 horas agardando para descargar os camións que ante o colapso son desviados a verter no vertedoiro. “Non poden descargar porque hai unha avaría, circunstancia que vostede descoñece e que nos crea unha grande preocupación», reiterou.

Por outro lado, lembrou as condicións de traballo no vertedoiro de Areosa no que “un camión ten que transportar o lixo co eixo no aire e por unha superficie inestable e flotante” polo que pediu medidas urxentes para que non se rexistre en Galiza un accidentes como o de Zaldibar. Existen escritos dos condutores que están alertar desta situación, remarcou.

O deputado criticou o modelo de tratamento de residuos do PP baseado na incineración e depósito en vertedoiro, fórmula criticada mesmo pola Comisión europea. “É un erro”, aínda que o goberno galego pretenda maquillar esta realidade “con plantas de compostaxe” porque sabemos como funciona Cerceda.

Comparte esta noticia