Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Medio Rural detecta cinco novos casos de gripe aviaria en mascatos

A Consellería de Medio Rural ven de comunicar a detección de cinco casos máis de influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAA) en aves silvestres, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Estes casos únense aos dous detectados anteriormente. Trátase de cinco individuos de mascato, (alcatraz común ou atlántico, Morus bassanus), recollidos en Ares, Doniños (Ferrol), Riazor (A Coruña), O Barqueiro (Mañón) e Meira (Moaña), no marco do Plan de vixilancia da influenza aviaria que desenvolve a Xunta de Galicia. Nos catro primeiros casos, as aves foron trasladadas aos centros de recuperación de fauna silvestre de Oleiros (A Coruña) e a ave localizada en Moaña foi derivada ao centro de Carballedo (Pontevedra). Medio Rural tamén informa de que as cinco aves foron sacrificadas.

O mascato

O mascato é “unha ave mariña que nidifica no Atlántico norte, formando colonias de varios miles de parellas, e do que moitos exemplares mozos migran cara ao sur e acadan augas subtropicais ou mesmo tropicais no oeste de África”. Así, Medio Rural lembra que, nestes momentos, estas aves están atravesando as costas da Península Ibérica no comezo do seu paso migratorio post-nupcial cara a Mauritania e o Golfo de Guinea. “Nas súas zonas habituais de residencia no Atlántico norte, as autoridades sanitarias veñen notificando numerosos casos de IAAP nesta especie, posible orixe dos casos detectados agora en Galicia, relacionados coa migración anual destas aves cara o sur”.

Aínda que os exemplares da especie afectada son de hábitos exclusivamente mariños e non se aproximan en condicións normais á costa, a Consellería do Medio Rural lembra a necesidade de reforzar as medidas de bioseguridade nas explotacións avícolas, comerciais ou particulares. Ademais, tamén advirte da necesidade de intensificar a vixilancia de calquera signo de enfermidade tanto en explotacións avícolas como en aves silvestres, notificando a sospeita aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural ou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Comparte esta noticia