Incendios forestais en 2017
Greenpeace advirte de que os incendios de alta intensidade xa non son excepción
2017 despídese como o peor ano da década en grandes lumes forestais en España
Os episodios vividos en Portugal, Galicia ou California xa non son unha excepción, senon unha emerxencia social e medioambiental
20-12-2017
O ano 2017, con 52 grandes incendios, despídese como o peor da década en España e cun aviso: este tipo de episodios xa non son unha excepción, senon un problema social e medioambiental de primeiro grado que esixe novas solucións na prevención e na extinción. O cambio climático desdibuxou as estacións e a planificación tradicional está obsoleta.
Segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente, ata o 31 de outubro de 2017 queimaronse 174.788 hectáreas, o que corresponde ó 0,63 por cento do territorio español, a segunda peor cifra dos últimos dez años despois do fatídico 2012. So na oleada incendiaria que asolou Galicia, Asturias e León a mediados de outubro queimáronse 74.000 hectáreas. Só en Galicia rexistráronse máis de 200 incendios, obligando a máis de 4.000 persoas ó desaloxo das súas casas e queimando aredor de 48.000 hectáreas, máis que en 2014, 2015 e 2016 xuntos.
Estes incendios tiveron lugar durante unha ola de calor na que os operativos se ampliaran a última hora coa chegada dun outono inexistente. Durante varios días, á consternación e impotencia pola perda de espacios naturais de gran valor e animais calcinados houbo que sumar a morte de catro persoas e centos que perderon os seus fogares e foron desaloxados.
“O acontecido este ano en Galicia, Portugal ou actualmente ó sur de California non se puede tratar como algo excepcional. Para mitigar os impactos desta nova era de incendios é fundamental que se teña en conta o quentamento global na xestión preventiva e de extinción dos incendios”, asegura Mónica Parrilla, responsable da campaña de Incendios de Greenpeace España.
Incendios en outubro, novembro e decembro
2017 foi un ano históricamente seco que supuxo o aumento do combustible seco (o contido de humidade é o máis importante para determinar a probabilidade de incendio e a súa propagación unha vez iniciado). A iso súmase que numerosos dispositivos de auga destinados á extinción de incendios estaban secos, os embalses ó 37% da súa capacidade, avións con imposibilidade de repostaxe de agua, toda unha falta de planificación das administracións.
En novembro, houbo tamén incendios en Cantabria e Asturias e, en diciembre, lumes como o de Torre de la Ribera (Huesca) calcinaron máis de 150 hectáreas ante a falta de operativos na rexión, que tiveron que acudir da comunidade veciña.
“Ante esta nova era de incendios, os plans tradicionais de extinción quedaron obsoletos, e así queda reflitido con parches nas ampliacións de campañas de extinción a última hora. A clase política non tivo en conta esta situación. As campañas de extinción non poden darse soamente na época estival: incendios hai todo o ano e non poden planificarse a última hora”, continúa Parrilla.
A protección dos bosques requiere unha planificación ó longo de todo o ano, non só en épocas de máximo risco. Coa chegada do frío e das chuvias baixase a garda, pero é cando ocorren os procesos de pérdida de chan cos arrastres da chuvia e a contaminación de cursos de agua polas cinzas.
Población desprotexida e desinformada
Este ano vivíronse situacións dramáticas en moitos dos grandes incendios forestais, con centos de persoas evacuadas, que son en parte produto dunha falta de prevención ante un problema co que hai que convivir.
A Directriz Básica de Planificación de Protección Civil de Emerxencia por Incendios Forestais obriga a elaborar plans locais de emerxencia nos que se insertan os plans de autoprotección dos núcleos de población aislada, urbanizacións, campings, etc, que se atopen ubicados en zonas de risco no monte (interfaz urbano forestal). Porén, a meirande parte dos municipios non elaboraron estes plans locais de emerxencia e a población apenas coñece as medidas para protexer as súas casas.
É fundamental asumir o risco de incendio forestal para prevelo e xestionalo, sobre todo nas zonas de alto risco. Greenpeace esixe que se establezan políticas forestais de prevención que teñan en conta o incremento do risco de incendios como resultado do quentamento global, así como a necesaria xestión dos bosques para reducir o impacto dos grandes incendios forestais.
Ademais, é necesario reducir a alta sinistralidade mediante a persecución de quen queima o monte e con campañas de sensibilización e de alternativas ó emprego do lume.