Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Imposto compensatorio ambiental mineiro

Galicia regula a aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro

Unha regulación que chega tres anos despois da súa «aprobación» pola Lei 12/2014 do 22 de decembro

04-01-2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución pola que se fan públicas as normas de aplicación do imposto compensatorio ambiental mineiro, na ORDE do 18 de decembro de 2017. A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ó cumprimento das obrigas tributarias concernentes ó imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

O ICAM configúrase como un imposto ambiental finalista que pretende internalizar o custo do uso que do ambiente fai a actividade mineira que se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, incentivar a aplicación das melloras técnicas, ferramentas e prácticas de xestión ambiental polo sector mineiro galego, promover a aceleración na restauración das superficies e solos afectados e promover a investigación e desenvolvemento de procesos mineiros máis eficientes desde o punto de vista ambiental.

Consulta a norma completa na nosa sección de Eco Lexislación

Comparte esta noticia