Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia vive unha primavera moi calorosa e unha desertización cada vez maior

Hoxé celébrase, como cada 17 de xuño, o Día de Loita contra a Desertificación e a Sequía. O decreto foi establecido pola ONU co obxectivo de crear conciencia da importancia de dar solución aos problemas de desertificación e sequía, que crean graves problemas para toda a humanidade. Coincidindo con esta data, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, fixo público o seu avance climático da primavera de 2021, que tivo un carácter cálido e moi seco no conxunto de España e, polo tanto, en Galicia. A primavera de 2021 rexistrou, en termos xerais, máis horas de sol das habituais no oeste e norte da Península. Polo tanto, en Galicia, malia ser atípico, houbo máis horas de sol das que hai normalmente. Así, A Coruña viviu a súa primavera máis soleada dende que hai rexistros, tendo máis horas de sol que Castellón. Outro exemplo é Pontevedra, que tivo unha primavera máis soleada que a cidade de Valencia.

 

O informe revela que foi a cuarta primavera máis seca dende o inicio da serie histórica en 1961, e a segunda máis seca do século XXI, unicamente por detrás da do 2005. O documento tamén amosa que as choivas foron especialmente escasas ao longo do mes de marzo, que foi o máis seco do século XXI, no que choveu pouco máis da terceira parte do normal. En canto a abril, estivo en torno ao promedio, e maio volveu a ser seco en case toda España. A temperatura media da primavera foi, no conxunto da España peninsular, de 12,5ºC. Trátase dun valor 0,4ºC superior ao promedio do período de referencia 1981-2021, o que incida o seu carácter cálido. Así, é a vixésima primavera máis cálida dende o inicio da serie (1961), aínda que ao longo do século XXI rexistráronse once primaveras con maior temparatura. Esta tendencia non parece que vaia a cambiar ao longo do período estival. Segundo as previsións estacionais, o verán astronómico (que comeza o 21 de xuño ás 5:32 hora oficial peninsular) será probablemente máis seco do habitual no noroeste peninsular. Así, prevese que en Galicia haberá un verán cunhas temperaturas normais pero máis seco que de costume.

 

En canto ao problema da desertización, Galicia resulta afectada ao ter un 40% do solo degradado. Os factores principais que agravan a erosión da terra son os incendios, as plantacións de eucalipto, a agricultura e a gandaría intensivas, entre outros. Como consecuencia do cambio climático, a comunidade galega perde unha media de 15 hectáreas de terra ao ano, sendo o risco de desertización cada vez máis alto. As principais consecuencias da desertificación son a perda de especies, a diminución da produción agrícola e a intensificación do cambio climático, xerando un grave impacto sobre a calidade de vida. Así, este Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía, celebrado hoxe, ten a finalidade de concienciar sobre as iniciativas para loitar contra a degradación das terras e xerar un compromiso coa súa saúde.

Comparte esta noticia