Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia, unha das rexións europeas con máis iniciativas destacadas en torno ao hidróxeno renovable

O Goberno lanza as primeiras convocatorias do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento. A través deste proxecto, movilizaranse inversións superiores a 16.300 millóns de euros para desenvolver proxectos e tecnoloxías coas que posicionar ás comunidades na carreira da descarbonización. Tendo en conta o potencial de Galicia no hidróxeno renovable e a eólica mariña, a comunidade sitúase nunha posición destacada de cara a captar as axudas públicas. De feito, o pasado mes de setembro, o director do departamento de enerxía do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), Juan Ignacio Rodríguez, cifrou en 51 o número de propostas para a posta en marcha de proxectos de hidróxeno contabilizados pola Xunta.

 

Así, Rodríguez explicaba que estes proxectos, de 44 promotoras diferentes e cunha inversión de 3.800 millóns de euros, xiran en torno á xeración e almacenamento de hidróxino renovable, a substitución do gas natural en procesos industriais e plantas de fabricación de compoñentes. Paula Uría, directora xeral de Planificación Enerxética da Xunta de Galicia, aseguraba que a comunidade se atopa ante unha oportunidade histórica para impulsar as renovables, concretamente o hidróxeno.

 

Galicia leva apostando todo o 2021 polo hidróxeno verde, sumando proxectos a esta fonte renovable. Iberdrola, Endesa, Naturgy e Reganosa están na lista de firmas con plans de plantas que operan con esta enerxía. Iberdrola proxecta unha planta de hidróxeno verde xunto a Foresa na localidade de Caldas, cunha inversión de 82 millóns de euros, mentres que Endesa ten unha idea similar para executar a partir de 2023 na fábrica de As Pontes. Pola súa parte, Naturgy apostará por dúas estacións que funcionen con esta enerxía verde, unha en Meirama e outra en O Porriño. Por último, Reganosa xa ten en trámite unha fábrica en As Pontes con 100 megavatios de potencia.

Comparte esta noticia