Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia recuperou o ano pasado 8.786 toneladas de aceite industrial usado

Malia a crise polo o aumento de enerxía, o pasado ano recolleuse o 100% de aceite industrial usado en Galicia. Durante 2021, a través da rede de xestores que traballan no marco do Sistema Integrado de Gestión de Aceites Usados (SIGAUS), atendéronse máis de 5.200 establecementos xeradores de aceites usados distribuídos por 288 municipios galegos, nos que se recuperaron 8.786 toneladas. Despois da súa recollida e tratamento, o aceite usado devólvese ao mercado como novos lubricantes ou combustible, evitando a emisión de máis de 4.000 toneladas de CO2 e aforrar 45 GWh de enerxía, nun modelo de economía circular.

Así, través de SIGAUS, recolléronse o pasado ano case 8.000 toneladas brutas de aceites usados repartidas entre 5.237 establecementos de sectores como a automoción, a industria, o transporte, o comercio ou a construción. Esta xeración “extremadamente dispersa” no territorio, pois máis de metade destes puntos produtores de aceite usado xeraron menos dunha tonelada de residuos. En total, para recoller todo o aceite usado foi necesario efectuar 11.577 operacións de recollida.

Xestión en zonas vulnerables

SIGAUS indica que, unha vez rematada a súa vida útil, o aceite industrial convértese nun residuo moi contaminante debido á presencia de metais pesados e outras substancias tóxicas, o que pode afectar negativamente á contorna e á saúde das persoas. Por este motivo, é fundamental contar cun sistema loxístico e financeiro que permita recoller este residuo onde se produce. Neste sentido, a través do seu sistema loxístico, recuperáronse o pasado ano 2.413 toneladas de aceite usado en 206 municipios rurais galegos, outras 892 toneladas en municipios de montaña e 45 toneladas en municipios de menos de 1.000 habitantes. O custe loxístico de recuperar o residuo neste tipo de zonas é moi elevado, polo que a financiación da recollida do residuo “resulta fundamental como servizo ambiental”, mais tamén económico e social nestas zonas pouco pobladas.

Por outra banda, SIGAUS lembra a importancia do residuo xunto a espazos protexidos, onde evitar a contaminación do aceite usado resulta “imprescindible para evitar un importante impacto ambiental”. Así, a organización resalta que en 2021 atendéronse 720 establecementos xeradores deste residuo situados na contorna de 15 espazos protexidos galegos, como parques e reservas naturais. Nestes enclaves recolléronse un total de 895 toneladas de aceite usado.

Tratamentos con beneficios ambientais e económicos

O aceite usado, unha vez recollido, foi trasladado a centros de transferencia para a súa análise e eliminación de posibles impropios, proceso que unha vez completado resultou nunha cantidade neta de 6.927 toneladas, volume tratado para obter novos produtos (seguindo os principios de economía circular). Deste cantidade, 3.243 toneladas foron destinadas a rexeneración. Grazas ao residuos rexenerado en Galicia durante o ano pasado foi posible producir máis de 2.000 toneladas de novos lubricantes e aforrar máis de 950.000 barrís de petróleo. Ademais, o aceite usado rexenerado tamén permitiu evitar a emisión de máis de 2.000 toneladas de CO2 á atmósfera, e o gasto de 41 GWh o que supuxo outro beneficio para a contorna.

O resto de aceite usado non rexenerado foi valorizado enerxéticamente mediante outro tratamento que permite transformar o residuo nun combustible de uso industrial, minimizando o uso do fuel óleo ou de outros combustibles que veñen do petróleo. SIGAUS indica que este tratamento tamén reportou diversos beneficios á nosa contorna, xa que grazas ao aceite usado valorizado enerxéticamente en Galicia (3.684 toneladas) foi posible evitar a emisión de 2.019 toneladas de CO2 á atmósfera e aforrar 3 GWh de enerxía.

Comparte esta noticia