Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia recibirá máis de 11 millóns de euros por parte do MITECO para actuacións en biodiversidade e restauración ambiental

Galicia recibirá 11.141.357 euros de axudas por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) para desenvolver actuacións en biodiversidade e restauración ambiental. Isto supón que o territorio galego recibirá un 4,9% do importe total das axudas, que suman un total de 226,75 millóns de euros para todo o territorio español. Cada comunidade autónoma, segundo os criterios de reparto refrendado, recibirá un incentivo diferente. Así, Galicia sitúase como a oitava comunidade que recibirá máis fondos, por debaixo de Castela e León, Andalucía, Castela a Mancha, Extremadura, Aragón, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

 

O acordo, adoptado a petición do MITECO e ratificado pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, supón facer entrega ás CCAA do segundo paquete de fondos asignado na reunión deste órgano celebrada o pasado 9 de xullo. O primeiro reparto foi de 235,25 millóns de euros, que sumados á presente asignación de fondos completa un total de 462 milóns de euros. Este importe destinarase a inversións de protección e conservación da biodiversidade tanto mariña como terrestre, a restauración de ecosistemas e o desenvolvemento dunha xestión forestal sostible. O conxunto de medidas comprendidas no acordo pretende xerar un impacto rexenerador positivo nas áreas rurais e contrubuír aos desafíos demográficos e de cohesión territoriais. Ademais, reportará vantaxes de cara á creación de emprego e fortalecemento das pemes.

 

Entre as distintas liñas de actuación á que as comunidades destinarán estes fondos sobresaen pola súa contía os capítulos de inversións en restauracións de ecosistemas, cun 23% do global; a elaboración de plans e instrumentos de xestión forestal sostibe (o 17%); e a mellora da biodiversidade terrestre, cun 13%. Nos citados ámbitos destacan as intervencións en conservación de especies e hábitats, recuperación de poboacións de especies de fauna e flora, erradicación de especies exóticas invasoras, etc.

 

Ademais, financiarase a renovación e mellora das instalacións asociadas á xestión do patrimonio natural e particular en espazos protexidos, as políticas de sensibilización e difusión da importancia da conservación da biodiversidade para a saúde e o benestar do ser humano. A territorialización de fondos do compoñente 4 do PRTR incide especialmente na restauración de ecosistemas, nos seus compoñentes ecolóxicos, hidrolóxicos, mellora do carbono orgánico en solos e accións contra a desertificación. Por outra banda, contarán cunha dotación relevante as intervencións de soporte técnico aos propietarios, xestores e administracións responsables de masas forestais. Tamén haberá actuacións de adaptación á problemática dos incendios forestais, como renovación de medios terrestres e adquisición de medios de prevención.

Comparte esta noticia