Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia prepara un comité para frear a expansión da Alga Asiática nas súas costas

As directoras xerais de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, e Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, anuncian a preparación dun comité de asesoramento para estudar a presenza da Alga asiática (Rugulopteryx okamurae), nas costas galegas, unha especie exótica invasora que pode poñer en perigo a biodiversidade do fondo mariño. Segundo informa a Xunta, tívose constancia da presenza desta especie en Galicia o pasado mes de xuño.

Polo momento, as directoras mantiveron un encontro para definir a composición do comité e tratar de incluír a algún integrante do Goberno central. Quedan á espera de que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) nomee un representante para que se incorpore ao estudo. A comisión de asesoramento estaría formada por representantes de varios departamentos das Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar, do sector pesqueiro, de organismos investigadores e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O Alga asiática apareceu por primeira vez en España en 2015, estando moi presente en Andalucía e Ceuta, e foi incluída no ano 2020 no Catálogo español de especies exóticas invasoras, ata hai pouco máis dun mes non se tivo constancia da súa chegada ás costas galegas. Actualmente, esta especie atópase nunha zona da ría da Coruña e noutra da ría de Vigo, fóra da Rede Galega de Espazos Protexidos e das Zonas de Especial Conservación (ZEC), polo que a súa erradicación depende da Administración Xeral do Estado.

Desde xullo de 2022 conta cunha estratexia de control, aprobada na Conferencia Sectorial do Medio Ambiente, que detalla a repartición das principais competencias en materia de prevención, seguimento, control de expansión da especie e a xestión das consecuencias da mesma nos distintos ámbitos. Segundo o documento, o Goberno central ten as competencias na xestión da especie no medio mariño salvo naqueles espazos protexidos de competencia autonómica e da biomasa que chegue a terra, de aí a necesidade de que manden un representante ao grupo de traballo.

Desta maneira, as directoras xerais comunicaron ao Goberno central a súa preocupación pola expansión desta especie e o seu desexo de establecer un grupo de traballo técnico específico dacordo coa estratexia e o documento guía que a Administración central enviara ás comunidades autónomas para a creación dos plans de xestión da biomasa desta alga invasora.

Tal e como indica a Xunta, o propósito deste comité de asesoramento será analizar a súa presenza na costa galega e establecer medidas para deter a súa posible expansión. Así mesmo, elaborarase un plan para administrar a biomasa que provén desta especie e examinarase os efectos potenciais que podería ter a súa expansión, xa que podería ameazar a biodiversidade do ambiente mariño.

Comparte esta noticia