Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia: monte a “tiro libre”?

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as catro resolucións polas que se declara a emerxencia cinexética temporal polos danos ocasionados polo xabaril nun total de 29 comarcas galegas. Para Galicia Ambiental, lonxe de aportar solucións de fondo, a Xunta “liberaliza” a actividade cinexética sobre o xabaril baixo o pretexto de previr danos. Non se atacan as causas nin se articulan medidas para previr a súa  priliferacion, pero entrégase o monte a unha práctica “industrializada”, cedendo ás presións dalgún sindicato agrario. Ademais, búscase a cooperación da parte máis irresponsable do colectivo de cazadores. Un colectivo de cazadores que “se pega un tiro no pé” a consecuencia de encartarse aos desexos da administración, o que faralles pagar un alto prezo na súa imaxe e na súa propia existencia futura, ao catalizar entón a frustración por non alcanzarse os obxectivos de control poboacional. Abócase así á caza a un maior descrédito e rexeitamento social, moito maior do xa existente pola prevalencia das modalidades menos selectivas e de caza social.

 

Segundo a Xunta de Galicia, “as circunstancias extraordinarias que se están a producir con relación ao xabaril facían necesario articular unha declaración excepcional deste tipo na procura de eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións da especie mediante a adopción de medidas que axuden a previr no posible futuros danos”. Deste xeito, a Xunta explica que durante a vixencia da declaración nestas comarcas “permitirase abater ou capturar, sen límite de exemplares, xabarís de ambos sexos, prioritariamente femias adultas e subadultas de calquera idade”. Diente deste argumentario, Galicia Ambiental opina que a Xunta sitúa a 33 municipios como un auténtico “Far West cinexético”, con licenza para actuar como vaqueiros sen lei. A xustificación da emerxencia cinexética non se substenta co rigor mínimo que sería esixible, e varias das medidas autorizadas contraveñen a propia Lei de caza de Galicia.

 

É a segunda ocasión na que a Xunta recorre a este instrumento, de carácter provisional e extraordinario, coa finalidade de “axilizar a aplicación de medidas dirixidas ao control das poboacións do xabaril naquelas zonas con maior incidencia”. Porén, Galicia Ambiental cre que a Xunta vese branqueada polos estamentos oficiais da caza, para que dentro dun ano ou dous dicir que adoptou medidas como a persecución cinexética do xabaril. Trátase do mesmo comportamento que o seguido cos incendios: favorecer o negocio do lume en lugar de investir en prevención.

 

Esta situación volve a poñer de actualidade as reaccións a este tipo de medidas, como a do  Fondo para la Protección de los Animales Salvajes (FAPAS), nuxa participación recente,  xunto con outras entidades,  nun seminario sobre o xabaril, no que aflorou o grave problema que a caza xenera sobre esta especie. A xestión do xabaril é preocupante, e “non é posible que as Aministracións Públicas manexen a xestión da fauna única e exclusivamente a tiro limpo, cando esta estratexia agudiza aínda máis o problema”. A abundancia desta especie en España deu lugar a unha caza que intenta solucionar o soposto problema da superpoboación. “A realidade é que cantos máis xabarís se matan, máis se reproducen”, explica a asociación. Doutra banda, e segundo Francisco Javier Lema, veterinario corcubionés, “hai estudos, que din que canto máis se caza e sobre todo se se fai nas épocas de parto, as femias xóvenes crían antes do que é o ciclo natural”.

 

Representantes de ADEGA, Anonymous For The Voiceless, Equo Galicia e Lugo Animal Save, xunto con cidadáns particulares, acordaron crear unha plataforma galega que nace como resposta ás intencións da Xunta e do Concello de Lugo, xunto coa Federación Provincial de Caza, de tomar medidas para eliminar a presenza de xabaril na contorna urbana do concello de Lugo. Segundo FAPAS, a plataforma explicou que dende o pasado mes de decembro, ante o anuncio da Xunta de inicio dun plan de control de xabarís na contorna municipal de Lugo, “vimos desenvolvendo accións de presión ante a Xunta para conseguir máis información sobre como se elaboran estes plans e reclamar a elaboración de plans refrendados por estudos serios reais que poñan en xogo diferentes medidas preventivas de posibles danos e valoren e prioricen o uso de medidas non letais”.

Comparte esta noticia