Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Galicia baixa lixeiramente a produción de residuos e segue á cola no reciclaxe

Segundo o último informe do Instituto Nacional de Estatística sobre a recollida e tratamento de residuos do ano 2022, os galegos diminuíron a produción de residuos, pero Galicia aínda se atopa entre as comunidades que menos separa os refugallos urbanos. Cada galego produce en media case 417 quilos de residuos anuais, 11 quilos menos que no 2021, ou que representa unha diminución do 2,6%. Con todo, das 1.129.683 de toneladas (Tm) de residuos recolleitos en Galicia, só o 17,4% foron separados correctamente nas plantas de tratamento, mentres que o 82,6% foron mesturados, situando a Galicia como a quinta comunidade con maior cantidade de refugallos sen clasificar. Estes datos do informe poderían ser aínda peores se non fose porque as plantas de Nostián e Lousame utilizan un sistema de separación húmido-seco, mellorando así os datos achegados por Sogama, cuxo sistema é o do contedor amarelo, agora imposto en todas as plantas galegas.

Galicia continúa un ano máis sendo unha das comunidades que menos separa os seus residuos nas plantas de tratamento. Das 1.129.683 toneladas de residuos urbanos recolleitos, o 82,6% foron mesturados, unhas 933.669 toneladas durante o 2022, polo que só 196.000 (un 17,4%) foron separadas correctamente. En España, a porcentaxe de residuos mesturados constitúe o 77,6% da totalidade. A quinta comunidade coa maior porcentaxe de refugallos sen separar é Galicia, seguida por Estremadura (90,2%), Murcia (90,1%), Castela-A Macha (87,8%) e Andalucía (86,9%). Pero isto non é todo, de todos os residuos recolleitos, tan só 189.817 toneladas foron recollidas de forma separada.

De todos os residuos recolleitos, 911.829 toneladas corresponden a residuos domésticos e similares retirados de domicilios e vías públicas, 50.581 Tm son de vidro, 40.920 Tm de papel e cartón, 2.338 Tm de plástico, 47.586 Tm de residuos animais e vexetais, en total 1.053.254 Tm de residuos que polas súas características deberían ser separados e reciclados.

Doutra banda, a cifra de residuos xerados, a cal depende da cidadanía e non de plantas de tratamento, sitúase por baixo da media nacional, uns 416,9 quilos por per cápita, posicionando a Galicia como unha das comunidades que produce menos refugallos por habitante. Só os vascos con 415 quilogramos, os madrileños con 406,5 kg e os rioxanos 404kg, xeran menos que os galegos, sendo A Rioxa a comunidade coa cifra máis baixa, 403,7 kg. Ante isto, existen sete autonomías que exceden a media do estado, como é o caso de Cantabria con 509,9 kg, Asturias con 518,2kg por habitante, Murcia con 521,5 kg, a Comunidade Valenciana con 524,4 kg per cápita, Andalucía con 560,2 kg e Canarias con 573,4 kg, todos superan os cincocentos quilos anuais por individuo, sendo Baleares a que ten unha media de 662,1 kg.

SITUACIÓN NACIONAL

En termos nacionais, en España recolléronse 482 quilogramos de refugallos por persoa e ano, unha diminución do 0,2% respecto ao ano 2021. Por cada individuo e ano, 374 quilogramos corresponderon a residuos mesturados e 108 quilogramos a recollida separada. Finalmente, recolléronse 31,3 quilogramos de papel e cartón, 30,7 quilogramos de refugallos de animais e vexetais, e 19,6 quilogramos de vidro. Os refugallos recolleitos de maneira separada de animais e vexetais incrementáronse nun 2,3% en 2022, e os de vidro incrementáronse nun 6,3%, mentres que os de papel e cartón reducíronse un 0,7%.

En canto ao tratamento de residuos nas plantas por tipo de tratamento, os resultados nacionais foron esclarecedores. Os datos de reciclaxe nas plantas diminuíron en 2022 comparación co ano anterior, mentres que a reciclaxe en 2021 supoñía o 43,72% do tipo de tratamento, en 2022 pasou a ser o 42,92%. Así mesmo, a incineración tamén minguou, pasando dun 10,6% en 2021 a un 10,26% en 2022. Pola contra, a vertedura aumentou con respecto ao 2021, pasando de constituír o 45,67% ata incrementarse ao 46,82%, un 1,15% máis. Estes datos están a indicarnos que en España, o nivel de reciclaxe está moi por baixo do que debería ser, a pesar de que empresas como Ecoembes continúa promulgando o moito que se está reciclando en España, cando a realidade é que os residuos continúan converténdose en verteduras no canto de reciclarse.

Comparte esta noticia