Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Eucaliptos no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras

O Comité Científico do Ministerio califica os eucaliptos como especies exóticas e invasoras en Galicia

Esta resolución chega logo de que o Concello de Teo solitara ó Mapama a inclusión desta no Catálogo Estatal de Especies exóticas e Invasoras

04-04-2018

O Comité Científico do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente califica os eucaliptos como especies exóticas e invasoras. Así o confirma o informe presentado por este órgano no que se recollen evidencias que xustifican esta clasificación.

O concello de Teo, como algúns outros en Galiza, aprobou o pasado ano unha moción a prol da biodiversidade e contra a eucaliptización que incluía unha solicitude ó Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para a inclusión do eucalipto no Catálogo Estatal de Especies Exóticas e Invasoras. A novidade é que o Concello trasladou o acordo ó Ministerio, concretamente ó Departamento Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Dende Madrid retrucaron ó Concello de Teo que probara o carácter invasor do eucalipto, polo que solicitouse un ditame ó Comité Científico Estatal de Flora e Fauna Silvestres.

O devandito Comité Científico resolveu, por unanimidade tanto dos seus integrantes como dos expertos/as consultados/as, que existen abondantes evindencias científicas que certifican o carácter invasor do eucalipto, polo que recomendan a súa inclusión no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (RD 630/2013).

Características que fan aos eucaliptos nocivos para o medio natural

O seu rápido crecemento e alta adaptabilidade a todo tipo de chans, fan que especies de eucaliptos como o E. globulus, E. nitens, E. camandulensis, E. gomphocephala, E. gunnii e E. sideroxylon, entre outras, sexan para o Comité Científico «nocivas para o medio natural dos lugares onde se cultivan». Estas son algunhas das razóns que recollen no seu informe:

Provocan o empobrecemento das cadeas tróficas, pola dificultade da descomposición das follas, o que inibe a incorporación de materia orgánica ó solo e a mineralizacfión do nitróxeno.

Alteran as propiedades físico-químicas, bioquímicas e microbiolóxicas do solo, en maior medida que os lumes en bosques autóctonos de carballos; e diminúen o balance hídrico do chan.

Amosan actividade allopática, dificultando a xerminación e o crecemento doutras especies.

Provocan perda de biodiversidade tanto vexetal como animal, aumentando o risco de instalación doutras invasoras. Supoñen tamén unha fragmentación dos ecosistemas naturais.

Colonizan espazos abertos, desprazando ás colonizadoras autóctonas, sobre todo despois dos lumes, o que fai que actúen como as «malas herbas».

Son difíciles de erradicar, polo que o seu control supón un alto custo para a economía.

Teñen un elevado risco de lumes pola acumulación de follas e a presenza de aceites inflamábeis. Por iso as zonas plantadas con eucaliptos poden entrar nun bucle de retroalimentación (o eucalipto favorece o lume e este favorece ó eucalipto sobre outras especies) que resulta difícil de rachar.

Favorecen a introdución de especies asociadas, insectos e fungos, que desprazan ás autóctonas.

Xa que logo, o Comité conclúe que «calquera especie ou híbrido de Eucalyptus introducida para a explotación forestal debe considerarse potencialmente perigosa para o medio natural e debe tratarse do mesmo xeito, evitando a súa naturalización e erradicándoa no intre de detectar a súa naturalización».

Adega reclama actuacións contra os eucaliptos

Logo desta resolución, dende o colectivo ecoloxista Adega, pregúntanse «A que agardan Xunta e Ministerio para incluir o eucalipto no Catálogo de EEI e comezar a erradicalo?». Para a asociación, malia os repetidos ditames do Comité Científico de Flora e Fauna Silvestres (o recente CC 30/2017 e o anterior CC 02/2012 sobre o E. nitens), e as cada vez máis numerosas evidencias científicas que amosan o carácter invasor e potencialmente perigoso para o medio natural do eucalipto, tanto o Ministerio como a Xunta seguen a facerlle o xogo á patronal pasteiro-enerxética. Adega incide, ademais, no particular xeito de «amnistiar» a esta especie : «dende que o PP aprobou o R.D. 630/2013 que anulou o Anexo II do R.D. 1628/2011, todas las especies deste Anexo que non foran valoradas para a súa inclusión no Anexo I del R.D. 1628/2011 quedaron fóra do Catálogo de Especies Exóticas Invasoras. Xa que logo, o Eucalyptus camaldulensis, E. globulus e E. nitens non están actualmente incluidas no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras. Casualidade? Talvez a mesma casualidade que fixo que unha ex-ministra de medio ambiente (Isabel Tocino) e un ex-conselleiro de medio ambiente (Carlos Del Álamo) acabaran no consello de administración e ENCE», sentencian dende o colectivo.

Comparte esta noticia