Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Economía Circular en Galicia

Medio Ambiente aposta pola Economía Circular, que prioriza o retorno e o uso eficiente dos recursos

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático destaca que o futuro pasa por converter os residuos en recursos

En Galicia “hai moito potencial ” en campos como os residuos da construción e da demolición, os aceites ou o téxtil

01-12-2017

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, destacou a aposta da Xunta por dar o paso definitivo cara a economía circular que prioriza o retorno e o uso eficiente dos recursos. Así o sinalou na mañá de onte durante a súa intervención na Xornada Economía Circular, organizada pola Consellería de Medio Ambiente, que a definiu como un novo modelo que aplica “o principio das múltiples erres”: reducir, reutilizar, reciclar, redeseñar.

A Consellería de Medio Ambiente está a traballar para fomentar e implantar a economía circular, coa tramitación da Estratexia Galega de Economía Circular. O futuro pasa por converter os residuos en recursos por dúas razóns básicas: xera beneficios ambientais e sociais e é impulsora de novas oportunidades de negocio e unha fonte de crecemento económico.

En Galicia este modelo ten recorrido e un enorme potencial, no campo dos residuos da construción e da demolición, no reciclado dos aceites derivados da hostalería e dos fogares, ou na industria do téxtil, lembrou a directora xeral de Calidade Ambiental. Cruz Ferreira indicou que un dos punto débiles é o escaso mercado de abastecemento de materiais reciclados; pero son múltiples as súas vantaxes, como mellorar a optimización dos recursos e materiais, reducir o gasto asociado á fabricación e á produción, favorece o aumento dos postos de traballo e a creación de novos perfís profesionais, a mellora da comunicación entre empresas e da súa imaxe.

Explicou que Europa avanza por esta senda, polo que Galicia non se debe quedar atrás. A Unión Europea pretende crear tres millóns de empregos cambiando o modelo produtivo, polo que aplicará antes de 2020 un paquete de medidas que suman 150.000 millóns de euros de orzamento. Recordou que España é o terceiro país da Unión Europea con máis empresas de economía circular, a pesar de que só un 14% introduciron algúns principios, polo que hai moito marxe para mellorar e moito camiño por percorrer, sinalou Ferreira Costa.

Para concluír, reiterou que se trata de manter o valor económico dos produtos, materiais e recursos o maior tempo posible e reducir ao máxima a xeración dos residuos, “de imitar o modelo cíclico da natureza”, no cal os materiais que se empregan para crear un produto que será incorporado de novo ao proceso produtivo.

Comparte esta noticia