Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Diversas plataformas e colectivos da ría de Arousa esixen a restauración da mina de Touro

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) acusa á Administración de non velar polo cumprimento dos deberes medioambientais relacionados coa antiga explotación da mina de Touro, pedindo tamén a súa restauración. A idea da empresa foi condicionar a restauración á apertura da mina, abandonada dende 1986. Agora, a mineira expresa o mesmo argumento, ao que engade afirmacións como que nos tempos da primeira etapa da mina (1972-1986) non había as esixencias de restauración ambiental vixentes hoxe. Estas afirmacións debilitan a posición da mineira, pois é falso que a lexislación mineira naquela época non establecera a obriga de restaurar: tanto a Lei de Minas de 1973 como especialmente o RD 2994/1982 sobre restauración do espazo natural afectado por actividades mineiras establecían a necesidade de restaurar o dano causado ao territorio.

 

Por este motivo, a PDRA, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non e diversos colectivos ecoloxistas, sociais e marisqueiros reiteraron nunha rolda de prensa no Concello de A Illa de Arousa o pasado 3 de xullo a súa oposición ao proxecto de reapertura da explotación da mina de Touro deseñado por Cobre San Rafael SL. O presidente da PDRA, Xaquín Rubido, advertiu que as asociacións ecolóxicas e marítimas da zona estudan denunciar á Xunta pola cesión das súas funcións en materia de protección medioambiental da ría. Deste xeito, os sectores afectados queren transmitir que “non imos dar licenza social a un proxecto extractivo que pretenda explotar a ceo aberto o cobre en Touro, e esiximos que afronten a restauración da desfeita ambiental deixada pola mineira nos últimos 35 anos”.

 

Ademais, co obxectivo de camuflar os déficits ambientais derivados do proxecto mineiro, a empresa ofrece o propostas como desenvolver no seu territorio unha planta de tratamento de puríns, outra de refugallos da construción e unha depuradora para as augas da balsa de Vieiro. Cabe destacar que “o proceso extractivo e de separación do cobre segue a ser o mesmo e constitúe a orixe de toda a contaminación”. Malia á insistencia de argumentar que moi pouca desta contaminación chega ao Ulla e á ría de Arousa, as normas de calidade ambiental das augas obrigan a que en cada punto dos cursos fluviais deben cumprirse os límites para as substancias contaminantes. A empresa mantén que o efecto da dilución das augas do Ulla é moi importante, mais os metais son prexudiciais para a fixación da semente dos bivalvos e para a súa fixación, polo que a eliminación de calquera fonte deste tipo de contaminación é fundamental para garantir a calidade dos productos do mar e a biodiversidade da ría de Arousa. A empresa insiste tamén na efectividade do tratamento con tecnosolos (mistura de residuos orgánicos e da construción) para a neutralización da acidez e a redución dos metais pesados.

 

Como consecuencia, as organizacións expresan que “estamos diante dunha repetición do xa vivido: o novo proxecto non vai solucionar os problemas de contaminación da antiga mina xerados polo abandono da empresa e o desleixo da Admistración, senón que vai engadir outros novos: converter Touro e o Pino nun centro de recepcións de máis residuos, o que incrementa as ameazas sobre a ría”. Ademais, destacan que a mineira pretende resucitar o seu proxecto esquecéndose da débeda ambiental contraída despois de máis de 35 anos de contaminación: “As organizacións asinantes lanzamos de novo un chamado de alarma á sociedade galega, un S.O.S pola vida da ría e da contorna de Touro”.

Comparte esta noticia