Utilizamos cookies para mejorar la experiencia del usuario y analizar el tráfico del sitio web.

Preferencias

Cuando visita cualquier sitio web, puede almacenar o recuperar información a través de su navegador, generalmente en forma de cookies. Dado que respetamos su derecho a la privacidad, puede optar por no permitir la recopilación de datos de ciertos tipos de servicios. Sin embargo, no permitir estos servicios puede afectar su experiencia.


Denegan a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame

A Xunta denega a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame

Rexeita o proxecto por causar efectos negativos no medio ambiente e por primar a eliminación fronte á valorización

24-05-2018

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto do macrovertedoiro proxectado en Lousame por «causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente», «contradicir o principio de promover a valorización fronte á eliminación» e por contar «cun forte rexeitamento social».

O colectivo ecoloxista Adega congratúlase desta decisión da administración autónomica que atende a principios de sostibilidade ante os problemas que poderían ocasionar estas instalación ó medio ambiente. Adega denuncia que este proxecto perpetúa o modelo da «ateigada e insustentábel SOGAMA» e asegura que «pretendía valerse de Lousame (como antes de Trazo -desistido-, e Ordes -pendente de resolución-), para soterrar máis residuos, camuflándoos de ‘xestión ambiental'». O colectivo tamén denuncia a «extratéxica» ubicación escollida para este macrovertedoiro que pretendía situarse ó carón da planta de compostaxe da Mancomunidade Serra do Barbanza «e deteriorar a imaxe do sistema alternativo a SOGAMA» que millores cifras de reciclaxe presenta de Galicia e boa parte do estado.

Consulta a Declaración de Impacto Ambiental do macrovertedoiro de Lousame.

Comparte esta noticia