“Dende que veu a mina”: Un documental que revela a traxedia ambiental da mina de Touro
Ecoloxistas en Acción e a plataforma veciñal Mina de Touro O Pino NON presentan este venres 13 de decembro ás 18:00 horas o documental “Dende que veu a mina” no Centro Social A Pedreira. Trátase dunha produción da Cooperativa Aqueladas e Ecoloxistas en Acción que revela as devastadoras consecuencias sociais e ambientais da explotación mineira Mina de Touro.
O encontro iniciarase coa proxección do documental "Desde que veu a mina" que servirá como punto de partido a unha tarde informativa organizada pola plataforma veciñal Mina de Touro O Pino NON e Ecoloxistas en Acción baixo o lema “A estratexia da Mina de Touro ao descuberto”. O obxectivo é concienciar á poboación sobre os riscos que conleva a reapertura da mina e animar á cidadanía para participar no proceso de alegacións.
O documental, publicado o pasado novembro deste ano en YouTube, mostra como a actividade mineira ha transformado terras fértiles en zonas contaminadas, degradou ríos e afectou gravemente a calidade de vida dos veciños. Así como os testemuños dos habitantes de Touro e as imaxes impactantes da zona afectada. Como o río claro que pasaba pola zona e baixaba cheo de troitas, agora non é máis que un río ocre e ácido debido á explotación mineira que empeorou a calidade de vida dos veciños, así como da biodiversidade da comarca. Esta é a historia do desastre social e ambiental causado pola mina de Touro e as graves consecuencias que pode chegar a ter a súa reapertura para a comarca.
“As imaxes da contaminación e os testemuños dos veciños non deixarán a ninguén indiferente, son realmente impactantes. Para a inminente solicitude de concesión a explotación do dereito mineiro Alberta I coa presentación do proxecto Mina Doade (Forcarei, A Lama, Beariz, Avión, Cerdedo- Cotobade)”, aseguran desde as plataformas locais SOS Suido Seixo e Alarma na Terra de Montes.
Tras a proxección do documental, membros da plataforma veciñal informarán sobre a situación actual en Touro e sobre os argumentos en contra da reapertura da mina. Os asistentes poderán coñecer os primeiros modelos de alegacións e asinalos para mostrar o seu rexeitamento a este proxecto. Este xa foi rexeitado en 2020 e agora clasificouse como proxecto industrial estratéxico, pero continúa sendo o mesmo, o que implicaría que o Goberno autonómico estaría a infrinxir a Lei ambiental ao continuar co proceso. Os organizadores do evento fan fincapé en que as consecuencias da minería a gran escala van máis aló dunha localidade concreta: "queremos que en Pontevedra véxanse os impactos ambientais e sociais desastrosos que pode ter a minería", afirman desde SOS Suido Seixo e Alarma na Terra de Montes.
A presentación do documental "Dende que veu a mina" é unha chamada á acción para todas aquelas persoas preocupadas polo medio ambiente e a saúde das comunidades. Os organizadores convidan á cidadanía para informarse sobre os proxectos mineiros que se están levando a cabo na rexión e a participar activamente na súa oposición. Finalmente, o Centro Social A Pedreira presentará o documental “Altri: A Sede Insostible” a partir das 21:00 horas. Á súa vez, as plataformas locais Alarma na Terra de Montes e SOS Suído Seixo, tamén implicadas, convidan a informarse e alegar contra o proxecto de reapertura da mina de Touro.
Ligazón ao documental para aqueles que non se poidan achegar á presentación: https://www.youtube.com/watch?v=lmh0jcmmVqY